30 de xuño de 2010

FIN DE CURSO

Un novo curso remata, este 09-10 volvín a impartir a Educación Física en toda a ESO, estou contento de como se desenvolveu o curso en xeral e tamén do voso traballo e o voso comportamento.
Saúdos a todos e disfrutade das vacacións. Moita sorte a todos aqueles que nos deixan e van continuar o seu camiño noutros centros.

21 de xuño de 2010

ACAMPADA 09-10

A última actividade do curso foi a acampada que fixemos no cámping Fragadeume en Queixeiro, tivemos dous accidentes reseñables que fixeron que non saíse todo o ben que quixeramos pero o importante é estar de volta todos. Espero que o ano que vén podamos realizala sen nengunha incidencia. Saúdos a Lidia e sobre toso a Samuel, desexarlles que se recuperen o máis axiña posible.

17 de xuño de 2010

SAÍDA ACAMPADA

Os días 18 e 19 de xuño o alumnado de 1º e 2º de ESO acompañados por David e eu mesmo realizarán unha acampada nas Fragas do Eume e faremos ademais unha ruta de kaiak no encoro do Eume e unha ruta de sendeirismo polas Fragas. Espero que todos o pasemos ben.

7 de xuño de 2010

RAFTING 09-10




Outro ano máis baixamos o Ulla sen incidencias, soportamos a calor, os rápidos.... e a ponte!!!, pola tarde co paintball liberamos o estrés acumulado durante o curso. Espero que o pasarades ben.

1 de xuño de 2010

SAÍDA RAFTING

O xoves día 3 de xuño imos de rafting preto de Padrón, pola tarde realizaremos unha actividade de paintball. En total 16 alumnos de 3º de ESO disfrutarán da experiencia.

ÚLTIMOS CONTIDOS DO CURSO

Estamos a finalizar o curso, estes son os últimos contidos desta avaliación
1º ESO:
Despois de rematar a unidade de expresividade, quédanos rematar a de actividades na natureza I cun pequeno rastreo aredor do centro para finalizar coa unidade de Baloncesto I.
2º ESO:
Quédanos rematar a unidade de Fútbol I, e despois a de actividades na natureza II.
3º ESO:
Remataremos axiña a unidade de Baloncesto II para acabar con Orientación I.
4º ESO:
Quédanos unha clase máis de béisbol e remataremos coa unidade de Bailes de salón IV: tango e rock