25 de xaneiro de 2010

SEMANA NEVE 09-10

Xa estamos de volta, despois de pasar tres días intensos na neve disfrutando con todos vos. O tempo foi moi bo, estivo cuberto pero non fixo frío. Agradecervos o voso bo comportamento durante toda a viaxe. En canto ó esquí uns aprenderon máis que outros pero o derradeiro día todos eran quen de baixar en cuña e facendo xiros a pista verde.
Desexo que todos o pasarades o mellor posible e que lembredes sempre esta experiencia.

18 de xaneiro de 2010

SEMANA NEVE 09-10

Entre os días 19 e 22 de xaneiro 12 alumnos de 1º e 2º de ESO disfrutarán do esquí na estación de San Isidro, acompañarémolos Alejandro Cadarso e máis eu. Desexamos pasalo o mellor posible e volver todos sen nengunha lesión. A todos os que quedades lembrarvos que debedes entregar os traballos que quedan para estes días.

11 de xaneiro de 2010

INICIO CLASES

Benvidos todos de novo ó centro. Hoxe retomamos as actividades lectivas despois das vacacións de Nadal. Un saúdo e ánimos a todos.