25 de xuño de 2009

FIN DE CURSO

E ata aquí chegamos, o curso 08-09 remata e con el os comentarios deste blogue ata que chegue o vindeiro curso. Paseino ben con vós este curso, disfrutamos de moitas actividades e espero que para todos vós este ano tamén fóra especial.
Un saúdo a todos e ata setembro.

DESPEDIDA ALUMNOS 4º ESO

Todos os anos o alumnado de 4º de ESO abandona o centro para seguir o seu camiño. Dende este blogue desexarvos toda a sorte do mundo, algún de vos leva no colexio máis anos ca mín (trece anos os que entrades en infantil), e iso que eu xa vou peinando unhas cantas canas (e xa levo nove no centro).
Supoño que estaredes tristes e ledos á vez pensando no que o futuro ten reservado. Só vos digo que a vosa vida acaba de empezar, que sempre sexades críticos, é dicir, que non creades sempre o que vos dín nen o que sae nos medios de comunicación (internet incluido), que intentedes ser sempre consecuentes coas vosas ideas e a vosa personalidade, e que loitedes sempre polos vosos soños.
As cousas realmente importantes vanse conseguindo paseniñamente e en armonía coa natureza, as persoas e o mundo, nunca creades que o fácil é o mellor. Ó final a vida pon a cada un no lugar que lle corresponde é o único que nos queda son as boas accións que fixemos, os amigos que están ó noso lado e o tranquila que está a nosa conciencia.
Sorte e ánimo a todos na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.
Un bico a todos… e intentade facer algo de deporte.

24 de xuño de 2009

RAFTING 08-09


Este ano voltamos a baixar o río Ulla dende a ponte de Sinde, coma expertos que xa somos apenas tivemos percances. Este ano non nos sacaron fotos no descenso polos rápidos pero de todos xeitos a experiencia foi inesquecible. Espero que vós tamén disfrutarades deste día.

22 de xuño de 2009

ACAMPADA FRAGAS DO EUME





Acabouse a boa vida, pasámolo ben mentras durou. A acampada deste ano foi das mellores que lembro. O entorno das fragas do Eume é espectacular, a ruta en kaiak impresionante (aínda que fixo algo de vento) e a ruta de sendeirismo baixando dende Queixeiro ata a alameda pasando polo mosteiro de Caaveiro todo un éxito (agás para dous que se mareaban un pouquiño). Grazas a todos polo voso bo comportamento. Verémonos axiña noutra.


16 de xuño de 2009

SAÍDAS ACAMPADA E RAFTING

O 19 e 20 de xuño imos de acampada ás Fragas do Eume, alumnado de 2º E 3º de ESO montaremos as tendas no cámping de Queixeiro e faremos unha rota de piraguas e unha marcha polas fragas. Lembrádevos de todo o que hai que levar.
O 23 de xuño toca rafting, preto de Padrón descenderemos un tramo do río Ulla.

CONTIDOS ÚLTIMOS DÍAS

3º ESO
En 3º de ESO traballamos a representación dentro da expresión corporal, fixemos parte da unidade didáctica de orientación e quedounos pendente a unidade de baloncesto.
4º ESO
En 4º de ESO faltounos unha clase máis para acabar de adquirir a dinámica de xogo do béisbol e non nos dou tempo a realizar a unidade de bailes de salón.
O tempo é o que temos e non dou tempo a máis. Grazas a todos por soportarme dúas horas á semana.

5 de xuño de 2009

SEMANA VELA 08-09

Durante esta semana rematamos a actividade de vela deste curso 08-09. Durante os meses de outubro e xuño un total de 80 alumnos de 5º de EP e de 2º e 3º de ESO asistiron no encoro das Forcadas a unha iniciación no deporte da vela. Espero que todos disfrutarades destes días e que nun futuro algún sexa capaz de ser un bon regatista.

3 de xuño de 2009

EXAME TEÓRICO 4º ESO

A data do exame teórico de Educación Física será a seguinte:
04 de xuño: 4º ESO A e B
Neste exame entrará o tema 8 do libro: Danzas Modernas e todos os contidos impartidos na clase sobre rugbi, xoquei, badminton e béisbol. Sorte a todos.