27 de setembro de 2017

VI MILLA URBANA VALDOVIÑO





Este domingo vaise celebrar no Paseo da Lagoa a VI milla urbana de Valdoviño. Deixovos o cartel do evento por se vos animades a participar. O derradeiro día para anotarse é o xoves 28 de setembro. Tamén podedes deixar os vosos datos a calqueira dos profes de Educación Física do centro ata o xoves.

21 de setembro de 2017

PARABÉNS ADRIÁN, YOLANDA E ÓSCAR

Dende o noso blogue queriamos sumarnos a todas as persoas que levaron unha enorme ledicia e orgullo ao seguir e coñecer os éxitos dos nosos queridos ex-alumnos Adrián e Yoli Hermida e Óscar Montes en deportes tan minoritarios coma o kayak polo e o waterpolo. Eses deportes minoritarios que tratamos dende o noso departamento de poñer en valor (NON TODO É FÚTBOL),  xa que como vos digo sempre, seguro que en algún deporte podemos ser bos, o que hai que facer é atopalo.
Adrián proclamouse campión de Europa coa selección en kayak polo, Yolanda foi sexta coa selección femenina; e Óscar alcanzou a segunda praza no europeo junior en categoría xuvenil de waterpolo tras perder a final por penalties. NORABOA e a continuar así. Sodes uns máquinas.

14 de setembro de 2017

INICIO CURSO

Pois mañá, venres 15 de setembro, iniciaremos na ESO un novo curso, unha nova etapa nas vosas vidas que seguro que andades agardando impacientes (ja, ja, ja....). Ás 09:35 teredes unha presentación no comedor por parte do dire e a xefa de estudos e a continuación unha hora cos titores. A partir das 11:30 teredes xa clase normal segundo conste nos vosos horarios.
Para mín tamén será un curso especial porque volverei a darvos clase a toda a ESO. Vémonos mañá.

9 de setembro de 2017

MARILÓ!!!!



E chegou o intre de dicirlle ata sempre a Mariló, desexarlle sorte na nova etapa que emprende e pedirlle desculpas por non seguir de xefe de estudos. Nestes dous anos que comparteu con nós participou en moitas actividades con todos vós. Eu persoalmente quero agradecerlle a súa vontade por adicarnos o seu tempo na neve, na acampada, nas ondas de Pantín... Pouco tempo e moitas lembranzas. Como vella gloria que comeza o seu décimo oitavo curso no CPI Atios apéname cada vez máis despedir a persoas coas que compartes moito máis que ser profes, compartes vivencias, experiencias, momentos de tensión e relaxación, risas, bágoas, experiencias persoais e profesionais; en fin, Mariló estivo estes dous anos impartindo Educación Física e Lingua Galega, e deixará unha enorme pegada en moitos de vós e tamén en moitos dos profes que desfrutamos da súa compaña este tempo. Terás que voltar con nós a Astún para picarnos nesa carreira!!!!
BOA SORTE E NON TE ESQUEZAS DE NÓS.