20 de febreiro de 2009

CAPOEIRA NO CPI ATIOS

Coincidindo coa celebración do venres gastronómico sobre Brasil o xoves 11 de febreiro tivemos unha exhibición de capoeira. Se queredes podedes ver as fotos na páxina do cole. A nosa alumna e compañeira Eva participaba na exhibición. Eu dende aquí quería felicitar persoalmente a Eva e ofrecerlle este vídeo.

18 de febreiro de 2009

CAMPIONATO DE FÚTBOL SALA

O xoves 19 de febreiro pola tarde en horario lectivo, de 16:45 a 18:25, terá lugar un campionato interno de fútbol sala organizado polo alumnado de ESO. Todo o alumnado irá ás gradas do ximnasio e só baixarán os equipos cando lles corresponda xogar. Os partidos terán unha duración de 10´ e cada partido será arbitrado por un xogador doutro equipo.
Agardamos a máxima cooperación por parte de todo o alumnado e que a xornada se desenvolva nun clima de respeto hacia os compañeiros e os rivais. De non ser así tomaranse as medidas oportunas. Lembramos tamén que non se pode introducir no ximnasio nen comida nen bebidas.

HORARIO DOS PARTIDOS

16:45 Entrada ó ximnasio

16:50-17:00 (1) LOS 7 FANTÁSTICOS -SACHAPELOUROS (arbitra Luis Miguel Martínez)
17:01-17:11 (2) THE BREAKTIBIAS-JOGABONITO (arbitra Emilio Pombo Picos)
17:12-17:22 (3) LAS MUJERES DE PACA-LOS ÁNGELES DE NÉSTOR (arbitra David López Bouzamayor)
17:23-17:33 (4) MI-NABO DE KIEV-LOS TIGRES (arbitra Vicente Pérez Dopico)

17:35-17:45 (A) GAÑADOR 1-GAÑADOR 2 (arbitra Javier Pombo Picos)
17:47-17:57 (B) GAÑADOR 3-GAÑADOR 4 (arbitra Vicente Pérez Dopico)

18:00-18:10 GAÑADOR A-GAÑADOR B

18:15 Saída

13 de febreiro de 2009

ACROXIMNASIA 3º ESO


Esta semana, do 9 ó 13 de febreiro rematamos en 3º de ESO a unidade de acroximnasia, en xeral os dous grupos coñeceron o que son os bancos, as cuadrupedias, as carretillas e aprenderon a colaborar e traballar en equipo para acadar unha fin: facer unha estructura entre todos. As axudas funcionaron moi ben agás algún que outro alumno (verdade Goti) e en definitiva estou contento do voso traballo durante esta unidade. Agora pasaremos a traballar o voleibol. A seguir traballando igual.