26 de abril de 2013

CONTIDOS 3ª AVALIACIÓN

Os contidos que estamos a ver este terceiro trimestre por cursos son os seguintes:
1º ESO
En 1º ESO empezamos coa unidade 8: Expresión Corporal 1 agardando a que fixera bon tempo para principiar a unidade 7: O rugbi, despois quedanos pendente as clases de frisbee e a unidade 9: Actividades na natureza 1 na  que realizaremos unha proba de rastrexos, faremos unha iniciación á orientación e aprenderemos a facer nós básicos.
2º ESO
En 2º acabamos xa a unidade 5: O Xoquei e estamos agora coa unidade 7: Xogos populares e alternativos 2, ata final de curso quedanos a unidade 9: Expresión corporal 2 e a unidade 10: Actividades na natureza 2.
3º ESO
O alumnadp de 3º rematou esta semana a unidade 8: Expresión corporal 3 e comezan hoxe e a unidade 6: Bailes de salón 2 (vals vienés e merengue) e ata final de curso impartiremos tamén a unidade 7: Orientación.
4º ESO
En 4º de ESO andamos a voltas co Rugbi, ese deporte tan raro, e despois veremos a unidade 6: O béisbol para rematar dependendoo do tempo que nos quede coa unidade de escalada e a de bailes de salón 3 e aerobic.

14 de abril de 2013

ATIOS TV


Xa temos funcionando a canle do centro en YouTube. Animádevos a entrar. Alí iremos subindo todas os vídeos que vaiamos facendo no departamento. De momento xa tedes subidos ós da semana da neve. 

6 de abril de 2013

RESULTADOS TORNEO XADREZ

O xoves 21 de marzo celebramos a cuarta edición do Torneo de Xadrez. Este ano o gañador foi Marcos Lorenzo que venceu na final a Jorge Váquez, os outros dous semifinalistas foron Ricardo Ponce e Víctor García Pardo. Participaron un total de 44 alumnos dende25º de Primaria ata 4º de ESO e 8 profesores (52 xogadores en total) A final do torneo de profes vana xogar  Ana Ramos e Iván Hinojo.
 GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR.