17 de febreiro de 2011

VOLEIBOL 1º ESO

Rematamos co volei en 1º de ESO. Outro ano máis que ningún curso é capaz de acadar un 10. Tan simple como pasar o balón por riba da rede tres veces consecutivas sen contar o saque e dando tres toques por equipo de cada vez. Qué pena !!!! Nin foto vos saquei. A partir de agora faremos unha iniciación á ximnasia rítmica cos seguintes elementos: corda, pelota, aro, cinta e mazas e faremos unha pequena composición con cada un deles. Logo agárdanos o basket.

BALONMÁN 2º - 4º ESO




Esta semana rematamos a unidade de Balonmán tanto en 2º de ESO coma en 4º, a partir de agora empezaremos coa unidade de Fútbol II en 4º e en 2º xa comenzamos a unidade de Bailes de Salón II na que este curso aprenderemos a bailar o cha-cha-cha e o pasodobre. A disfrutar.

10 de febreiro de 2011

EXAMES E TRABALLOS 2ª AVALIACIÓN

A data límite para entregar os traballos de Educación Física é o martes día 1 de marzo. Lembrade que non recolle traballos a partir dese día. Os que tedes que facer o traballo da neve tedes ata o luns día 28 de febreiro.

As datas de exames para a 2ª avaliación son as seguintes:
1º ESO A: 02 de marzo
1º ESO B: 02 de marzo
2º ESO A: 10 de marzo
2º ESO B: 11 de marzo
3º ESO A-B: 10 de marzo
4º ESO A: 01 de marzo
4º ESO B-C: 10 de marzo

8 de febreiro de 2011

SEMANA NEVE 10-11



Volvimos sans e salvos, a pesar do bus, do sol, do albergue, das caídas... e de Cintia; voltamos de novo á rutina do cole. A pesar das broncas coas que vos alegro os oídos quero felicitarvos polo voso comportamento e polo vosa aprendizaxe deste deporte tan bonito que é o esquí. A estación de Leitariegos é moito mellor para aprender que San Isidro como poidestes comprobar os que viñestes tamén o ano pasado, pero máis aburrida para aqueles que saben esquíar. Un saúdo a todos e a recuperarse das vosas pequenas lesións. Espero vervos na neve noutra ocasión. ¡¡¡CUNDE!!!

ACROXIMNASIA 10-11


Este ano non saeu tan ben a unidade de acroximnasia coma outros anos, en parte porque sodes moitos e en parte por non traballar o suficiente. De todas formas este é o resultado do voso traballo.