21 de decembro de 2009

VACACIÓNS DE NADAL

Ímonos xa de vacacións de Nadal dende o día 23 de decembro ata o 11 de xaneiro que voltaremos ó CPI de Atios cun ano máis enriba. Mañá quédanos disfrutar do festival de Nadal co que pecharemos este ano 2009.
Felices festas a todos, portádevos ben para que os reises vos traian algunha cousiña.

BO NADAL E FELIZ 2010.

I TORNEO NADAL DE XADREZ

Os primeiros clasificados do I Torneo de Nadal de Xadrez son os seguintes:
1º clasificado: David Casariego Pita (2º ESO A)
2º clasificado: Sergio López Montero (4º ESO)
3º clasificado: Marco Vellón García (1º ESO B)
4º clasificado: Marcos Lorenzo Gutiérrez (1º ESO A)
Noraboa a todo o alumnado que participou neste torneo de xadrez que tentaremos repetir o vindeiro ano.

18 de decembro de 2009

SEMANA NEVE. SAN ISIDRO

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 12 alumnos de 1º e 2º de ESO para dita actividade. Por este motivo decidimos cambiar o destino e a estación de esquí.

A actividade terá lugar entre os días 19 e 22 de xaneiro (esquiando os días 20, 21 e 22) na estación de San Isidro en León.

O prezo por persona será de 265 euros. No caso de incorporarse algún alumno máis o prezo podería reducirse.

O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a León / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 3 noites no hotel en réxime de pensión completa (almuerzo picnic na estación) / 3 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.

Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns (varios pares, grosos, de algodón), roupa de abrigo, DNI.
Na primeira semana despois das vacacións de Nadal teremos unha reunión coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe.

RESULTADOS PRIMEIRA AVALIACIÓN

Os resultados da 1ª Avaliación en Secundaria realizada os días 15 e 16 de decembro foron os seguintes:

1º ESO A: 20 alumnos 14 aprobados 6 suspensos 70 % aprobados
1º ESO B: 16 alumnos 14 aprobados 2 suspensos 88 % aprobados

TOTAL 1º 36 alumnos 28 aprobados 8 suspensos 78 % aprobados

2º ESO A: 14 alumnos 7 aprobados 7 suspensos 50 % aprobados
2º ESO B: 18 alumnos 12 aprobados 6 suspensos 67 % aprobados

TOTAL 2º 32 alumnos 19 aprobados 13 suspensos 59 % aprobados

3º ESO A: 23 alumnos 11 aprobados 12 suspensos 48% aprobados
3º ESO B: 17 alumnos 17 aprobados 0 suspensos 100% aprobados

TOTAL 3º 40 alumnos 28 aprobados 12 suspensos 70% aprobados

4º ESO A: 28 alumnos 22 aprobados 6 suspensos 79% aprobados

TOTAL 4º: 28 alumnos 22 aprobados 6 suspensos 79% aprobados

TOTAL 136 alumnos 97 aprobados 39 suspensos 71 % aprobados

17 de decembro de 2009

RESULTADOS CAMPIONATO FÚTBOL SALA

Grazas a todo o alumnado polo voso comportamento durante o torneo de fútbol-sala, tanto ós que participaron no campionato coma ós que apoiachedes dende as gradas. O campión desta edición foi o equipo "Joga bonito", Noraboa a todos, en especial ós equipos de rapazas.
Os resultados do campionato de fútbol-sala disputado este xoves foron os seguintes:

As Divinas - Manchester 0-2

Todo por metela - Os paquetes 1-0
Joga bonito - As Ouviña 6-0
As ghaliñas chocas - Os picañudos 1-0
Os sen nome - Manchester 0-2

SEMIFINAIS
Todo por metela - Joga bonito 2-3
As ghaliñas chocas - Manchester 2-0

FINAL
Joga bonito - As ghaliñas chocas 4-1

15 de decembro de 2009

CAMPIONATO FÚTBOL SALA

O xoves 17 pola tarde terá lugar un campionato de fútbol sala organizado polo alumnado do centro cos seguintes equipos e aproximadamente con este horario:
16:45 Entrada ó ximnasio
16:50-17:00 As Divinas – Manchester de Valdoviño (1)
17:00-17:10 Todo por metela FC – Os paquetes (A)
17:10-17:20 Joga bonito – As Ouviña (B)
17:20-17:30 As ghaliñas chocas – Os picañudos (C)
17:30-17:40 Os sen nome – Gañador 1 (D)

17:40-17:50 Gañador A – Gañador B
17:50-18:00 Gañador C – Gañador D

18:05-18:15 Gañador A-B / Gañador C-D

18:25 Saída

NORMAS XERAIS

Cada partido durará 8 minutos agás as semifinais e final que durarán 10. O alumnado participante deberá coñecer, aceptar e acatar as seguintes normas:
1. Os saques de banda e de esquina realizaranse co pé.
2. O porteiro poderá saír da área e xogar o balón co pé sen cometer falta.
3. O porteiro dende a súa propia portería non poderá lanzar o balón coa mán ou co pé mais aló do medio campo, de producirse esta situación sancionarase con falta a favor do outro equipo.
4. Todos os equipos deberán ter en pista durante todo o partido a unha xogadora. De incumprirse o equipo será descalificado.
5. Todos os participantes comprométense a manter un comportamento deportivo amosando o debido respecto ós compañeiros, ós contrarios e á figura do árbitro. Asemade respetarán as regras e non amosarán conductas violentas. De producirse calquera situación de violencia inxustificada o xogador será descalificado e non poderá seguir xogando o campionato.
6. O feito de non existir áreas delimitadas no ximnasio deixa a criterio do árbitro a decisión de sinalar penalti en función da cercanía á portería e da gravidade da acción.


EQUIPOS

AS OUVIÑA
Claudia Pena López
Susana García Bouza
OlaiaVilasuso Piñón
María Fernández Núñez
Nerea González Souto
Luisa Sánchez de Marillac (profe)
David Ouviña (profe)
Juan Sánchez (conserxe)

AS DIVINAS
Nerea Paz Castro
Jessica Gutiérrez Hermida
Paula Vergara
Eva Caride Seijo
Andrea Fernández García
Laura Castrillón Yáñez

OS PICAÑUDOS
Cristóbal Colón Leira
Paula Pardo Bustabad
Daniel Goti Mourente
Moisés Pita Cobas
Juan Dopico Freire

OS PAQUETES
Bruno López Jerez
Alberto Fernández Núñez
Vicente Pérez Dopico
Raúl Yáñez Mesía
Emilio Ferreira Gutiérrez
Adrián Vilasánchez Torres
Isabel Aneiros Castro
Ana Belén Dopico González

TODO POR METELA FC
Omar Ismail García
Cecila Rey Senra
Manuel Brandeiro Díaz
Manuel Bellón Rodríguez
Iván Freire Couce
María Ferreira Gutiérrez
Aarón González González
Ricardo Gutiérrez Pérez
JOGA BONITO
Sergio Horjales Fernández
Carlos Gómez Celeiro
Cintia Bogo Caneiro
David López Bouzamayor
Christian Nieto Fraga

AS GHALIÑAS CHOCAS
Sergio López
Carlos Lorenzo Gutiérrez
Martín Franco de Pablo
Tamara Sabín Caamaño
Beatriz Piñeiro Lamas
Manuel López Rodríguez
Daniel Garrote Painceira
David Redondo Balseiro

MANCHESTER DE VALDOVIÑO
Sergio Colón Leira
Jaime Fernández Pardo
Roberto López Pérez
Marcos Lorenzo Gutiérrez
Enma Fernández Vilela
Rita da Silva Ferreira
Rafael Aguado Gutiérrez
Hugo Leirachá Paredes

OS SEN NOME
Manuel Antelo Duarte
Diogo Ventura Bispo
Luis Teixeira Alves
Luismi Martínez Fernández
Kevin López Bouzamayor
Adrián Arturo Hermida Gómez
Miriam López Camarasa


2ª FASE TORNEO XADREZ

CALENDARIO TORNEO XADREZ 2ª FASE

11-15 DECEMBRO
1. Sergio López(4º ESO A) ----- Gañador Jaime Fdez Pardo (1º ESO A) / Daniel Goti (4º ESO)
2. Samuel López Riveira (2º ESO A) ---- Marcos Lorenzo Gutiérrez (1º ESO A)
3. Luis Gómez Celeiro (2º ESO B) ---- David Casariego Pita (2º ESO A)
4. Marco Vellón (1º ESO B) ---- Gañador Nerea Gzlez (4º ESO) / Christian López(2º ESO A)
16-18 DECEMBRO
GANADOR 1 – Marcos Lorenzo Gutiérrez (G)
GANADOR 3 – GANADOR 4 (H)
21-22 DECEMBRO
3º/4º POSTO: PERDEDOR G -PERDEDOR H
FINAL: GANADOR G – GANADOR H

19 de novembro de 2009

ACTIVIDADES XIMNÁSTICAS. 1º e 2º ESO

En 1º e 2º de ESO estamos a traballar a unidade de Actividades Ximnásticas cos seguintes contidos: equilibrio estático, volteos adiante e atrás, equilibrios invertidos e saltos con minitramp. Lembrade sempre a importancia das axudas e a necesidade da seguridade cando estamos a realizar esta actividade.

18 de novembro de 2009

DATAS EXAMES ESO

As datas para os exames teóricos son as seguintes:
1º ESO A: 4 de decembro
1º ESO B: 4 de decembro
2º ESO A: 3 de decembro
2º ESO B: 3 de decembro
3º ESO A: 2 de decembro
3º ESO B: 2 de decembro
4º ESO A: 4 de decembro

ENTREGA DE TRABALLOS

A data límite para entregar os traballos de Educación Física é o martes 1 de decembro. Non agardedes ó último día. Sabedes que non recollo ningún traballo presentado despois desa data.

OBRAS NA PISTA EXTERIOR

Como todos sabedes voltamos a estar en obras, esta vez intentarán amañar a pista exterior que se enche de auga e de lama sempre que chove (coma se pode apreciar na imaxe, vaia piscina!!), este problema xorde despois da construcción do ximnasio novo, cando as distintas administracións deixaron sen amañar esta pista a pesares das sucesivas promesas que se foron facendo. Malia todo "máis vale tarde que nunca". Desexemos que o deixen ben para beneficio de todos.

16 de novembro de 2009

SEMANA NEVE

Todos os que queirades ir esquíar tedes de prazo ata o día 30 de novembro para traer a autorización asinada e a fianza, lembrade que tedes que ir un mínimo de 15 alumn@s para poder realizar esta actividad.

I TORNEO XADREZ CPI ATIOS

Esta semana comezamos o I Torneo de Xadrez CPI Atios con 24 participantes do que saíra o día 22 de decembro o gañador do Torneo. Agora iremos xogando as partidas con calma e anotando na clasificación os puntos. Grazas a todos por participar.

10 de novembro de 2009

PROBAS CONDICIÓN FÍSICA

Estamos a rematar estes días as probas de avaliación da condición física nos cursos da ESO, cando as rematen todos os cursos colocarei os resultados no taboleiro do ximnasio. Ánimo a todos.

27 de outubro de 2009

QUECEMENTO ESPECÍFICO 2º ESO

O alumnado de 2º de ESO tamén rematou os seus quecementos específicos do deporte que lle correspondeu a principio de curso: baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala ou salto de lonxitude.
En termos xerais notouse o traballo e boa actitude da maioría. Algúns esquecestes a parte específica, outros quecementos fixéronse un pouco longos e algún grupo non presentou nada.
Lémbrovos que este era un traballo avaliable segundo recollen os criterios de avaliación de Educación Física do centro

QUECEMENTO XERAL 1º ESO

O alumnado de 1º de ESO rematou xa a realización teórica e práctica dun quecemento xeral por grupos. Tede en conta tódalas fases para non esquecer nada, en xeral os traballos foron moi parecidos con poucos exercicios diferentes e pouca creatividade. Haberá que ir mellorando pouco a pouco.

9 de outubro de 2009

AS NOSAS INSTALACIÓNS


Dende hai uns anos contamos cunhas instalacións decentes: un ximnasio e un patio cuberto; instalacións imprescindibles dado que ó contar con tres niveis educativos sempre coincidimos dúas clases de Educación Física.

PROFES NOVAS

Xa sabedes que temos dúas compañeiras novas en Educación Primaria, chámanse Rocío Fernández Sanesteban e Vanessa Cansino Devesa. Rita colleu este ano unha excedencia e non está con nós este curso. Benvida ás dúas profes novas, desexamos que se adapten rápido ó noso centro.

28 de setembro de 2009

CONTIDOS PRIMEIRA AVALIACIÓN

Durante a primeira avaliación estes son os contidos que imos impartir na ESO, espero que sexan do voso agrado:
1º ESO
- X ogos de presentación
- Condición Física 1
- Actividades ximnásticas 1
2º ESO
- Condición Física 2
- Actividades ximnásticas 2
3º ESO
- Condición Física 3
- Atletismo 1
4º ESO
- Condición Física 4
- Atletismo 2

16 de setembro de 2009

INICIO CURSO 09-10

Acabaron as vacacións para todos e toca reincorporarse a un novo curso, espero que o inicio de curso non se vos faga demasiado duro. Este ano vou impartir toda a ESO volvendo ós vellos tempos, en Primaria hai caras novas en Educación Física que iredes coñecendo pouco a pouco. Un saúdo para todos. Vémonos pronto.

25 de xuño de 2009

FIN DE CURSO

E ata aquí chegamos, o curso 08-09 remata e con el os comentarios deste blogue ata que chegue o vindeiro curso. Paseino ben con vós este curso, disfrutamos de moitas actividades e espero que para todos vós este ano tamén fóra especial.
Un saúdo a todos e ata setembro.

DESPEDIDA ALUMNOS 4º ESO

Todos os anos o alumnado de 4º de ESO abandona o centro para seguir o seu camiño. Dende este blogue desexarvos toda a sorte do mundo, algún de vos leva no colexio máis anos ca mín (trece anos os que entrades en infantil), e iso que eu xa vou peinando unhas cantas canas (e xa levo nove no centro).
Supoño que estaredes tristes e ledos á vez pensando no que o futuro ten reservado. Só vos digo que a vosa vida acaba de empezar, que sempre sexades críticos, é dicir, que non creades sempre o que vos dín nen o que sae nos medios de comunicación (internet incluido), que intentedes ser sempre consecuentes coas vosas ideas e a vosa personalidade, e que loitedes sempre polos vosos soños.
As cousas realmente importantes vanse conseguindo paseniñamente e en armonía coa natureza, as persoas e o mundo, nunca creades que o fácil é o mellor. Ó final a vida pon a cada un no lugar que lle corresponde é o único que nos queda son as boas accións que fixemos, os amigos que están ó noso lado e o tranquila que está a nosa conciencia.
Sorte e ánimo a todos na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.
Un bico a todos… e intentade facer algo de deporte.

24 de xuño de 2009

RAFTING 08-09


Este ano voltamos a baixar o río Ulla dende a ponte de Sinde, coma expertos que xa somos apenas tivemos percances. Este ano non nos sacaron fotos no descenso polos rápidos pero de todos xeitos a experiencia foi inesquecible. Espero que vós tamén disfrutarades deste día.

22 de xuño de 2009

ACAMPADA FRAGAS DO EUME





Acabouse a boa vida, pasámolo ben mentras durou. A acampada deste ano foi das mellores que lembro. O entorno das fragas do Eume é espectacular, a ruta en kaiak impresionante (aínda que fixo algo de vento) e a ruta de sendeirismo baixando dende Queixeiro ata a alameda pasando polo mosteiro de Caaveiro todo un éxito (agás para dous que se mareaban un pouquiño). Grazas a todos polo voso bo comportamento. Verémonos axiña noutra.


16 de xuño de 2009

SAÍDAS ACAMPADA E RAFTING

O 19 e 20 de xuño imos de acampada ás Fragas do Eume, alumnado de 2º E 3º de ESO montaremos as tendas no cámping de Queixeiro e faremos unha rota de piraguas e unha marcha polas fragas. Lembrádevos de todo o que hai que levar.
O 23 de xuño toca rafting, preto de Padrón descenderemos un tramo do río Ulla.

CONTIDOS ÚLTIMOS DÍAS

3º ESO
En 3º de ESO traballamos a representación dentro da expresión corporal, fixemos parte da unidade didáctica de orientación e quedounos pendente a unidade de baloncesto.
4º ESO
En 4º de ESO faltounos unha clase máis para acabar de adquirir a dinámica de xogo do béisbol e non nos dou tempo a realizar a unidade de bailes de salón.
O tempo é o que temos e non dou tempo a máis. Grazas a todos por soportarme dúas horas á semana.

5 de xuño de 2009

SEMANA VELA 08-09

Durante esta semana rematamos a actividade de vela deste curso 08-09. Durante os meses de outubro e xuño un total de 80 alumnos de 5º de EP e de 2º e 3º de ESO asistiron no encoro das Forcadas a unha iniciación no deporte da vela. Espero que todos disfrutarades destes días e que nun futuro algún sexa capaz de ser un bon regatista.

3 de xuño de 2009

EXAME TEÓRICO 4º ESO

A data do exame teórico de Educación Física será a seguinte:
04 de xuño: 4º ESO A e B
Neste exame entrará o tema 8 do libro: Danzas Modernas e todos os contidos impartidos na clase sobre rugbi, xoquei, badminton e béisbol. Sorte a todos.

26 de maio de 2009

EXAMES TEÓRICOS 3º ESO

As datas dos exames da 3ª avaliación de 3º de ESO son as seguintes:
1 de xuño: 3º ESO A
2 de xuño: 3º ESO B

20 de maio de 2009

CAMIÑO SANTIAGO.¿CANTO FALTA?


O luns 18 e o martes 19 de maio estivemos facendo o Camiño de Santiago. As etapas que tiñamos que facer eran as seguintes: Sarria-Portomarín e Portomarín-Palas. Foron 11 os valentes de 4º de ESO que nos acompañaron a Graciela e a mín nesta aventura. A pesar de que a frase máis repetida foi a de CANTO FALTA? espero que a experiencia fose gratificante para a maioría de vós. O Camiño é unha experiencia de introspección e superación personal pero tamén de relación e comunicación cos demais e co entorno. Grazas a todos pola vosa participación e sobre todo polo voso esforzo. O resto de fotos as podedes ver na galería de imaxes da páxina web.

8 de maio de 2009

TRABALLOS. 3ª AVALIACIÓN.

Lembrar a todo o alumnado de 3º e 4º de ESO que a data límite para entregar os traballos da terceira avaliación é o venres día 29 de maio. Non agardedes ata o derradeiro día.

7 de maio de 2009

BAILES DE SALÓN. 3º ESO.


Acabamos a unidade de bailes de salón. Aprendimos a bailar algúns pasos de catro bailes: cha-cha-cha, pasodobre, vals vienés e merengue. Creo que foi unha unidade en que todos o pasamos ben ademais de aprender. O ritmo de aprendizaxe foi algo rápido por ter pouco tempo para as unidades que nos faltan. Parabéns a todos polo traballo realizado. A vindeira unidade didáctica será a de expresión corporal, a representación.

5 de maio de 2009

GÚSTANOS O RUGBI



Os meus marabillosos alumnos e alumnas de 4º de ESO están disfrutando estes días do bo tempo e dun deporte novo e diferente: O RUGBI. Está encadrado dentro da programación na unidade 6: actividades deportivo-recreativas. Espero que acabedes por collerlle gusto a este deporte tan fácil coma descoñecido.

20 de abril de 2009

PROFES EN PRÁCTICAS


A semana pasada empezaron a facer no noso centro as prácticas de maxisterio en Educación Física dous ex-alumnos do centro: Rubén Hermida e Antonio Orjales. Dende aquí desexarlles unha boa estancia entre nós e que o alumnado lles permita seguir coa ilusión de ser mestres nun futuro próximo. Boa sorte.

14 de abril de 2009

TERCEIRO TRIMESTRE

Comezamos o terceiro trimestre en 3º de ESO traballando os bailes de salón: cha-cha-cha, pasodobre, vals vienés e merengue. Os de 4º de ESO están a rematar a unidade de fútbol-sala.

2 de abril de 2009

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Agora temos dende o 6 ata o 13 de abril para recargar esas pilas que tanto nos farán falta no terceiro trimestre, despois xa non quedará nada para final de curso. Descansade moito para volver o día 14 animados a rematar ben o curso. Saúdos a todos.

31 de marzo de 2009

RESULTADOS SEGUNDA AVALIACIÓN

Os resultados do alumnado de Secundaria durante a 2ª Avaliación realizada os días 31 de marzo e 1 de abril foron os seguintes:

1º ESO A: 15 alumnos 11 aprobados 4 suspensos 73 % aprobados
1º ESO B: 19 alumnos 11 aprobados 8 suspensos 58 % aprobados

TOTAL 1º 34 alumnos 22 aprobados 12 suspensos 65 % aprobados

2º ESO A: 26 alumnos 17 aprobados 9 suspensos 65 % aprobados
2º ESO B: 26 alumnos 16 aprobados 10 suspensos 62 % aprobados

TOTAL 2º 52 alumnos 33 aprobados 19 suspensos 63 % aprobados

3º ESO A: 12 alumnos 10 aprobados 2 suspensos 83% aprobados
3º ESO B: 17 alumnos 13 aprobados 4 suspensos 76% aprobados

TOTAL 3º 29 alumnos 23 aprobados 6 suspensos 79% aprobados

4º ESO A: 19 alumnos 17 aprobados 2 suspensos 89% aprobados
4º ESO B: 5 alumnos 3 aprobados 2 suspensos 60% aprobados

TOTAL 4º : 24 alumnos 20 aprobados 4 suspensos 83% aprobados

TOTAL 139 alumnos 98 aprobados 41 suspensos 71 % aprobados

28 de marzo de 2009

FIN VOLEIBOL 3º ESO

Hoxe por fin rematamos coa unidade de voleibol en 3º de ESO. Como remate da unidade comentar que o voleibol non é un deporte fácil de aprender e que a pesar das miñas "broncas" en xeral estou bastante satisfeito do voso traballo e actitude (xa sabedes que hai algunha excepción). A semana que ven revisaremos as notas e á volta de vacacións empezaremos cos bailes de salón e o baloncesto.

6 de marzo de 2009

EXAMES TEÓRICOS EF 3º e 4º ESO

As datas para os exames teóricos da 2ª avaliación son as seguintes:

3º ESO A: 16 de marzo
3º ESO B: 17 de marzo
4º ESO A: 17 de marzo

En 3º de ESO os temas que entran son:
- Tema 4: La gimnasia (e todo o que vimos na clase de acrosport)
- Tema 5: Voleibol
- Tema 8: La danza aeróbica

En 4º de ESO entran dous temas:
- Tema 4: Balonmano
- Tema 5: Fútbol

Ánimo a todos e sorte

2 de marzo de 2009

ENTREGA DE TRABALLOS. 2ª AVALIACIÓN.

Lembrar a todo o alumnado de 3º e 4º de ESO que a data límite para entregar os traballos da segunda avaliación é o martes día 10 de marzo. Non agardedes ata o derradeiro día.

20 de febreiro de 2009

CAPOEIRA NO CPI ATIOS

Coincidindo coa celebración do venres gastronómico sobre Brasil o xoves 11 de febreiro tivemos unha exhibición de capoeira. Se queredes podedes ver as fotos na páxina do cole. A nosa alumna e compañeira Eva participaba na exhibición. Eu dende aquí quería felicitar persoalmente a Eva e ofrecerlle este vídeo.

18 de febreiro de 2009

CAMPIONATO DE FÚTBOL SALA

O xoves 19 de febreiro pola tarde en horario lectivo, de 16:45 a 18:25, terá lugar un campionato interno de fútbol sala organizado polo alumnado de ESO. Todo o alumnado irá ás gradas do ximnasio e só baixarán os equipos cando lles corresponda xogar. Os partidos terán unha duración de 10´ e cada partido será arbitrado por un xogador doutro equipo.
Agardamos a máxima cooperación por parte de todo o alumnado e que a xornada se desenvolva nun clima de respeto hacia os compañeiros e os rivais. De non ser así tomaranse as medidas oportunas. Lembramos tamén que non se pode introducir no ximnasio nen comida nen bebidas.

HORARIO DOS PARTIDOS

16:45 Entrada ó ximnasio

16:50-17:00 (1) LOS 7 FANTÁSTICOS -SACHAPELOUROS (arbitra Luis Miguel Martínez)
17:01-17:11 (2) THE BREAKTIBIAS-JOGABONITO (arbitra Emilio Pombo Picos)
17:12-17:22 (3) LAS MUJERES DE PACA-LOS ÁNGELES DE NÉSTOR (arbitra David López Bouzamayor)
17:23-17:33 (4) MI-NABO DE KIEV-LOS TIGRES (arbitra Vicente Pérez Dopico)

17:35-17:45 (A) GAÑADOR 1-GAÑADOR 2 (arbitra Javier Pombo Picos)
17:47-17:57 (B) GAÑADOR 3-GAÑADOR 4 (arbitra Vicente Pérez Dopico)

18:00-18:10 GAÑADOR A-GAÑADOR B

18:15 Saída

13 de febreiro de 2009

ACROXIMNASIA 3º ESO


Esta semana, do 9 ó 13 de febreiro rematamos en 3º de ESO a unidade de acroximnasia, en xeral os dous grupos coñeceron o que son os bancos, as cuadrupedias, as carretillas e aprenderon a colaborar e traballar en equipo para acadar unha fin: facer unha estructura entre todos. As axudas funcionaron moi ben agás algún que outro alumno (verdade Goti) e en definitiva estou contento do voso traballo durante esta unidade. Agora pasaremos a traballar o voleibol. A seguir traballando igual.

9 de xaneiro de 2009

INICIO CLASES

Benvidos todos de novo ó centro. Espero que os reises magos vos deixaran moitos regalos. Agora toca volver de novo ás actividades do centro.
Esta 2ª avaliación comezaremos traballando en 3º de ESO a unidade de acroximnasia e en 4º de ESO a unidade de balonmán.