24 de decembro de 2016

MEMORIA SEMANA NEVE 2016

O venres ás 06:30 chegamos a Valdoviño dende Jaca os profesores e alumnado que este ano estivemos en Astún disfrutando e sufrindo o esquí. Este ano tivemos un total de  16 lesionados: dúas fracturas de radio, catro esguinces de muñeca, dous esguinces de nocello, unha distensión de ligamento de xeonllo,, unha posible fisura de coxis e diversas contusións (sacra, muñeca, perna,dous de antebrazo e unha de xeonllo); espero que todos vos recuperedes o máis axiña posible. En xeral o voso comportamento foi excelente e vosa axuda e colaboración moi boa. O tempo foi moi bo agás o derradeiro día no que a choiva nos acompañou. O esquí, e sobre todo o snow, como vos comentei en máis dunha ocasión é un deporte de risco e hai que intentar minimizar estos riscos para lesionarnos o menos posible. Gracias a todos por vir.
Durante os vindeiros días subirei á páxina web do cole as fotos que reunimos entre todos. A descansar.

17 de decembro de 2016

SAÍDA NEVE

Ola a todos. Despois de todo un trimestre adicado a recoller cartos, repartir rifas e organizar os detalles da excursión á neve por fin está todo listo. Mañá ás 07:00 saímos cara ao pirineo aragonés. Astún agarda por nós sen moita neve, pero creo que será suficiente para nós. Espero que vos portedes o mellor posible. Xa sabedes que de vós depende que se siga a facer esta saída. Sorte a todos e que o pasades o mellor posible.

15 de decembro de 2016

NOTAS 1ª AVALIACIÓN 3º e 4º ESO

Ola a todos. Déixovos ao alumnado de 3º e 4º de ESO os enlaces ás notas desta primeira avaliación para que as miredes con tranquilidade durante estes días se entrades no blogue. Hai dúas páxinas na folla de excel, un coas medias da avaliación e outra cos resultados da parte práctica. Un saúdo.