28 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

Hoxe 28 de Abril celebramos o Día do Libro no CPI Atios. 
Este ano o noso homenexeado foi Lolo París e o acto tivo lugar na Casa da Cultura entre as 11:00 e as 11:30.

20 de abril de 2017

INICIO ACTIVIDADES LECTIVAS

Mañá venres 21 de abril tampouco haberá clases posto que estanse a sacar os elementos da cuberta que poidan supoñer un risco para o alumnado.
As actividades lectivas iniciaranse de novo o LUNS 24 DE ABRIL. Sentímos as molestias que esto poida causar ás familias. 

SUSPENSIÓN CLASES

A partires de mañá, xoves 20 de abril, as clases no CPI Atios quedan suspendidas polos danos causados polo vento nas cubertas dos edificios, sobre todo no "edificio novo". Mañá analizaranse en detalle os danos e en canto estén subsanados e contemos co permiso da Xefatura Territorial retomaremos as actividades lectivas.

18 de abril de 2017

DE VOLTA NO CPI ATIOS



Mañá 18 de abril volvemos a vernos no CPI Atios. 
Ánimo a tod@s na volta.
Pensade que de aquí a finais de curso xa case non queda nada.
😅

7 de abril de 2017

VACACIÓNS SEMANA SANTA

Hoxe marchamos de vacacións ata o día 18 de abril que voltaremos ás aulas para continuar co terceiro trimestre. Desfrutade das vacacións, despois xa só quedarán dous meses así que cargade as pilas e descansar.
Vémonos nunha semana.

6 de abril de 2017

CONTIDOS 3ª AVALIACIÓN 3º E 4º ESO

As unidades que empezaremos a ver á volta de vacacións para 3º e 4º de ESO son as seguintes:
3º ESO
UD5: Xogos populares e alternativos 3 (Peonzas , palas...)
UD2: Atletismo 2 (Saltos e lanzamentos)
UD7: Actividades na natureza 3. Orientación
UD8: Expresión Corporal 3. A representación
4º ESO
UD5: Xogos populares e alternativos 4 (Malabares, material alternativo...)
UD4: Béisbol
UD8: Actividades na natureza 4. Escalada
UD6: O ritmo. Elementos de ximnasia rítmica

RESULTADOS 2ª AVALIACIÓN ESO

Os resultados da 2ª Avaliación en ESO realizada o día 22  de marzo son estes:
1º ESO A:      23 alumnos          18 aprobados         5 suspensos        78% aprobados
1º ESO B:      24 alumnos          23 aprobados         1 suspensos        96% aprobados
TOTAL 1º     47 alumnos          41 aprobados         6 suspensos        87% aprobados
2º ESO A:      27 alumnos           26 aprobados         1 suspensos       96% aprobados
2º ESO B:      27 alumnos           27 aprobados         0 suspensos       100% aprobados
TOTAL 2º     54 alumnos           53 aprobados         1 suspensos       98% aprobados
3º ESO A:     20 alumnos           20 aprobados          0 suspensos      100% aprobados
3º ESO B:     25 alumnos           23 aprobados         2 suspensos     92% aprobados
3º ESO C:     06 alumnos            5 aprobados            1 suspensos      83% aprobados
TOTAL 3º    51 alumnos           48 aprobados            3 suspensos      94% aprobados
4º ESO A:     28 alumnos          24 aprobados        4 suspensos         86% aprobados
TOTAL 4º:    28 alumnos          24 aprobados        4 suspensos         86% aprobados
TOTAL   180  alumnos   166  aprobados   14 suspensos   92% aprobados 

3 de abril de 2017

FOTOS CAMIÑO SANTIAGO 16-17

Xa tedes as fotos da actividade do Camiño de Santiago subidas á web. O máis sinxelo é que pinchedes coma sempre na imaxe do menu da dereita onde aparece o Camiño de Santiago e xa iredes directamente ás fotos. Hai algunha moi bonita.

FOTOS VIII TORNEO XADREZ

Xa podedes ver as fotos que sacamos durante o torneo visitando o seguinte enlace ou pinchando na foto da dereita.


MEMORIA CAMIÑO SANTIAGO 16-17

As etapas deste ano do Camiño (Fisterra-Lires-Muxía) visitan dous dos puntos máis emblemáticos da nosa xeografía: Fisterra e Muxía. Falamos durante a viaxe da fin do mundo e do Santuario da Virxe da Barca e o seu significado.  Desexo que cando voltedes por alí vos lembredes de nós. Respecto ao camiño en sí agradecer enormemente o voso comportamento, sen un só problema... e non sabedes o que volo agradecemos. Lembrarvos tamén que o sacrificio, a superación, a meditación....forman parte do Camiño. este ano foron dúas etapas curtas que espero disfrutarades. Agradecer tamén ás profes Begoña e Luisa que nos acompañaran nesta pequena aventura, sen elas tampouco tería sido posible. Axiña colgarei as fotos na web. Vémonos na seguinte.