28 de febreiro de 2013

SESIÓN BLC LINO LÓPEZ

Lino López estivo hoxe no CPI de Atios con varias xogadoras do Universitario de Ferrol impartindo unha sesión de baloncesto ó alumnado de 6º de Primaria e de 4º de ESO.
Lino foi durante moitos anos xogador profesional de baloncesto e agora dirixe con éxito o clube do Universitario, desexámoslles sorte nesa fase de ascenso tan complicada e agradecerlle a súa visita eas súas ensinanzas sempre cheas desa paixón polo BALONCESTO que sabe transmitir a todos aqules que o rodean. 

26 de febreiro de 2013

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN

En 1º de ESO rematamos coa unidade 5: balonmán, e estamos agora coa de xogos populares e alternativos I (unidade 6), acabarenos a avaliación coa unidade de patinaxe posto que por fin mercamos os dous pares do número 44 que nos facían falta.
En 2º de ESO aprendimos a "xogar" ó fútbol e agora alternaremos o xoquei e os bailes de salón (este ano toca en 2º de ESO chachacha e pasodobre).
En 3º de ESO estivemos traballando o acrosport (pronto estarán as fotos subidas á páxina) e agora estaremos intentando aprender a xogar ó voleibol ata as vacacións de Semana Santa.
Por último en 4º de ESO acabamos coa unidade de actividades de raqueta e agora entraremos de cheo na unidade de Baloncesto.

22 de febreiro de 2013

FOTOS E VÍDEO SEMANA NEVE

 Despois de sobrevivir durante seis días con 70 alumnos e alumnas do cole podemos dicirvos que temos xa as fotos e o vídeo da semana da neve. En breve subiremos parte desas fotos á páxina web. 
   A maior parte dela e o vídeo iremolo pasando para que o vaiades grabando. Intentade facer algunha copia e pasarllo a outros, senón non acabaremos ata o verán.
   A pesar de que xa pasou tempo dende que fomos espero que todos o pasarades ben e que poidamos vernos outra vez esquiando.
   Agradecerlle  a Diego o traballo de realizar a maioría das fotos e editar o vídeo para que vós poidades disfrutar cos vosos primeiros pasos neste medio tan divertido que é a neve.