27 de xuño de 2014
RAFTING 13-14
REULTADOS AVALIACIÓN FINAL
Os resultados da avaliación final en ESO realizada o 23 de xunio foi a seguinte:
1º ESO
A: 21 alumnos 19 aprobados 3 suspensos 90% aprobados
1º ESO
B: 21 alumnos 20 aprobados 1
suspensos 95%
aprobados
TOTAL
1º 42 alumnos 39 aprobados 4
suspensos 93%
aprobados
2º ESO
A: 20 alumnos 18 aprobados 2 suspensos 90% aprobados
2º ESO
B: 21 alumnos 20 aprobados 1 suspensos 95% aprobados
TOTAL
2º 41 alumnos 38 aprobados 3 suspensos 93% aprobados
3º ESO
A: 14 alumnos 12 aprobados 2 suspensos 86% aprobados
3º ESO
B: 12 alumnos 10 aprobados 2 suspensos 83% aprobados
TOTAL
3º 26 alumnos 22 aprobados 4 suspensos 85% aprobados
4º ESO
A: 22 alumnos 22 aprobados 0 suspensos 100% aprobados
4º ESO
B: 07 alumnos 05 aprobados 2 suspensos 71% aprobados
TOTAL 4º: 29 alumnos 27 aprobados 2 suspensos 93% aprobados
TOTAL 138
alumnos 125 aprobados 13 suspensos 91%
aprobados
CAMPIONATO GALEGO TIRO CON ARCO
O domingo 07 de xullo celebrarase en Valdoviño, no campo de fútbol Mourente o Campionato Galego de tiro con arco ao aire libre, o horario será de 9h a 16h. Os que queirades podedes ir velo xa que este ano tivemos as xornadas de tiro con arco co Clube Arco Narón que organiza o campionato. Tamén podedes ir o día anterior se queredes ver como se monta este tipo de campionato.
18 de xuño de 2014
AOS MEUS ALUMN@s DE 4º DE ESO
Tódolos anos o alumnado de 4º de ESO abandona o centro para seguir o seu camiño e este curso tócavos a vos, sí a eses que saídes sorrindo na foto (supoño que porque saiades de excursión ese día). Dende este blogue quería desexarvos toda a sorte do mundo, algún de vos leva neste colexio a meirande parte da súa vida (13 anos os que comezades en infantil) e lembrarvos tamén que a sorte sen traballo e esforzo case nunca é suficiente para acadar o que se desexa.
Supoño que estaredes tristes e ledos á vez pensando no que o futuro ten reservado. Só vos digo que a vosa vida acaba de empezar, que sempre sexades críticos, é dicir, que non creades sempre o que vos dín nen o que sae nos medios de comunicación (internet incluido), que intentedes ser sempre consecuentes coas vosas ideas e a vosa personalidade, e que loitedes sempre polos vosos soños.
As cousas realmente importantes vanse conseguindo paseniñamente e en armonía coa natureza, as persoas e o mundo, nunca creades que o fácil é o mellor. Ao final a vida pon a cada un no lugar que lle corresponde é o único que nos queda son as boas accións que fixemos, os amigos que están ao noso lado e o tranquila que está a nosa conciencia.
Sorte e ánimo a todos na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.
Un bico a todos… e intentade facer algo de deporte.

16 de xuño de 2014
ESCALANDO
11 de xuño de 2014
CAMBIO DATA RAFTING
A actividade de rafting para o alumnado de 3º e 4º da ESO queda finalmente para o mércores día 25 de xuño. A saída será ás 09:30 na parada de bus do Josby e o prezo final é de 60 euros. O número de alumnos que van á actividade é de 17.Vémonos no río.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)