28 de novembro de 2016
27 de novembro de 2016
REUNIÓN SEMANA NEVE
O
xoves 01 de decembro ás18:30 horas teremos unha reunión no comedor do centro para concretar os horarios da viaxe, explicar
normas a seguir e aclarar as dúbidas que
poidan xurdir. En principio a viaxe será entre os días 18 e 22 de decembro como
estaba previsto.
O
prezo por persona é de 320 euros. O xoves haberá que pagar os 220 euros que faltan, posto
que 100 xa os puxeron como fianza. Aqueles alumnos que van facer snow teñen que
pagar un suplemento de 20 euros (en
total 340 euros). Se hai
algún alumn@ que precise de algún tratamento ou con algunha alerxia a algún
alimento comentádemo na reunión.
23 de novembro de 2016
DATAS EXAMES TEÓRICOS 3º E 4º ESO

3º ESO A: 29 de novembro. Temas 1, 2, 3 e 6.
3º ESO B: 29 de novembro. Temas 1, 2, 3 e 6.
4º ESO A: 07 de decembro. Temas 5 e 7.
13 de novembro de 2016
MANUEL. ALUMNADO EN PRÁCTICAS
O venres tamén rematou Manuel García as súas prácticas de Maxisterio con Toni, agardamos que a túa estancia con nós no CPI Atios fose agradable e esperamos volver contar co teu sorriso algún outro ano. Desexámosche moita sorte na túa andaina profesional e na túa vida. O alumnado xa está botándote de menos. Unha aperta enorme.
11 de novembro de 2016
SEMANA DA BUXAINA, MAGOSTO E SAMAÍN

8 de novembro de 2016
VÍDEO SEMANA VELA 16-17
Se lembrades o último día de vela deste curso, estiveron a facer un vídeo de promoción da vela para César, agora pasounos ese vídeo e xa o tedes á vosa disposición na canle ATIOS TV na páxina web do cole. Hai imaxes tomadas por drones polo que o resultado é espectacular. Tamén podedes acceder pinchando na foto. Non deixedes de velo.
UNIDADES 1ª AVALIACIÓN 3º e 4º DE ESO
As unidades que estamos a ver durante esta 1ª avaliación en 3º e 4º secundaria son as seguintes por cursos:
3º ESO
UD 1. Condición física e saúde 3
UD 4. Acrosport
4º ESO
UD 3. Baloncesto
U.D. 2. Actividades de raqueta (badminton e tenis)
U.D. 2. Actividades de raqueta (badminton e tenis)
7 de novembro de 2016
TORNEO TIRO CON ARCO VALDOVIÑO
Compartimos o cartel dun torneo de tiro con arco a celebrar en Valdoviño, organizado pola Federación Galega de Tiro con Arco coa colaboración do Clube Arco A Frouxeira e o Concello de Valdoviño. Anímadevos a acercarvos por alí.
ACTUALIZACIÓN INVENTARIO

3 de novembro de 2016
PROFESORADO EDUCACIÓN FÍSICA 16-17
Durante este curso 16-17 o profesorado pertencente ao departamento de Educación Física somos os seguintes:
Patricia Regueiro Sousa: Educación Infantil e Primaria
Antonio Rodríguez Rodríguez: Educación Primaria
Mariló Docanto Alonso: Educación Secundaria e Xefa de departamento
Juan Luis Allegue Iglesias: Educación Secundaria
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)