Lembrarvos que mañá xoves 29 de xuño temos a saída de rafting para 3º e 4º de ESO. A saída será ás 09:00 da mañá dende a parada de bus da Porta do Sol, dirección Cedeira. O material que precisades é bañador, toalla, tenis para mollar, unha camiseta para cambiarse despois do paintball... e a comida. Vémonos mañá, sede puntuais.
27 de xuño de 2018
RESULTADOS AVALIACIÓN FINAL
Os
resultados da avaliación final en
Secundaria na materia de Educación Física realizada o día 22 de xuño
foron os seguintes:
1º
ESO A: 17 alumnos 14 aprobados 3 suspensos 82%
aprobados
1º
ESO B: 22 alumnos 17 aprobados 5 suspensos 77% aprobados
TOTAL
1º 39 alumnos 31 aprobados 8 suspensos 79%
aprobados
2º
ESO A: 25 alumnos 25 aprobados 0 suspensos 100%
aprobados
2º
ESO B: 24 alumnos 24
aprobados 0 suspensos 100%
aprobados
TOTAL
2º 49 alumnos 49 aprobados 0 suspensos 100% aprobados
3º ESO
A: 27 alumnos 26 aprobados 1 suspensos 96% aprobados
3º ESO
B: 24 alumnos 22 aprobados 2 suspensos 92% aprobados
3º ESO
C: 08 alumnos 05 aprobados 3 suspensos 63% aprobados
TOTAL 3º
59 alumnos 53 aprobados 6
suspensos 90% aprobados
4º ESO
A: 29 alumnos 29 aprobados 0 suspensos 100% aprobados
4º ESO
A: 10 alumnos 10 aprobados 0 suspensos 100% aprobados
TOTAL
4º : 39 alumnos 39 aprobados 0 suspensos 100% aprobados
TOTAL 186
alumnos 172 aprobados 14 suspensos 92%
aprobados
|
21 de xuño de 2018
DESPEDIDA ALUMNADO 4º ESO
Hoxe 21 de xuño chega a hora de ver marchar outra xeración. O curso remata e os 39 alumn@s de 4º de ESO tedes que empezar a voar sós. Pouco a pouco os vosos camiños empezarán a separarse para que cada un poida ir percorrendo a súa propia senda chea de contrastes que é a vida. A maioría sabedes, a pesares das broncas, que estamos moi orgullos@s de todos vós. Quería dicirvos que SEMPRE creades nas vosas posibilidades e nos vosos soños, os profes tamén cremos que seredes unhas grandes persoas no futuro (se non o sodes xa).

MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.
Un bico a todos…. SEMPRE EN ATIOS!
20 de xuño de 2018
NOTAS FINAIS ESO
Aquí tedes aos enlaces das notas finales (aproximadamente a media das tres avaliacións) de 1º, 2º 3º e 4º de ESO. Calqueira dúbida que teñades preguntádeme.
19 de xuño de 2018
VÍDEO ACAMPADA 17-18
Grazas ao traballo do noso gran colaborador Juanra tedes xa en Atios TV un vídeo sobre a acampada nas Fragas do Eume. Esperamos que vos guste. Grazas Juanra. Tamén podedes acceder pinchando na imaxe.
18 de xuño de 2018
ACAMPADA 17-18

15 de xuño de 2018
AUTORIZACIÓNS RAFTING 17-18

Lembrarvos
aspectos importantes que iban na autorización:
·
Os
alumnos levarán a comida, xantaremos
na área recreativa A Barosa en Barro.
·
A
chegada será sobre ás 20:00 ou 21:00 horas dependendo do tempo que leve a actividade.
·
É obrigatorio saber nadar.
· MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado
deportivo que se poida mollar, escarpíns e traxe de baño posto. Deben levar
tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que
considere oportuno.
Hai 32 alumn@s anotados polo que o prezo final é de 55 euros, esto inclúe a
actividade de rafting, de paintball e o bus. A data límite para entregar o
importe é o mércores 20 de xuño.
Profesores
acompañantes:
Juan Luis Allegue Iglesias.
8 de xuño de 2018
PROGRAMA E MATERIAL ACAMPADA
PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:
1º día: CÁMPING - PIRAGÜISMO
09:45 Saída de Valdoviño
11:00 Chegada ó Cámping Fragadeume (Queixeiro)
11:30 Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas cámping e actividades
14:00 Xantar no cámping
15:30 Saída hacia As Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)
16:00 Piragüismo no Encoro do Eume
19:30 Regreso ao Cámping
21:00 Cea
2º día: CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS
08:00 Levantarse
08:30 Almorzo
09:00 Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14 -16 Km )
13:00 Chegada a Caaveiro, volta ao cámping en bus
14:00 Xantar
16:30 Recollida tendas
17:00 ou 20:00 Regreso a Valdoviño
18:00 ou 21:00 Chegada a Valdoviño
MATERIAL RECOMENDADO:
- TENDA DE CAMPAÑA / - SACO DE DURMIR / - ESTERILLA
- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas, tede en conta que ese calzado vaise mollar.
- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns de algodón / Calzado de reposto / Toalla de ducha e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida,…
- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.
- OUTROS: Lanterna
6 de xuño de 2018
VÍDEO SURF ESO
Pinchando na foto tedes o enlace ao vídeo da actividade de surf que nos preparou Andrés. Graciñas. Esperamos que vos guste.
3 de xuño de 2018
AUTORIZACIÓNS ACAMPADA 17-18
O departamento de EF está a organizar unha acampada de dous días dirixida ó alumnado de 2º de ESO. Dado que outros cursos e noutras actividades o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para ir á actividade é o compromiso de asistir.
A actividade realizaríase os días 15 e 16 de xuño (venres e sábado) e tería lugar no cámping de Queixeiro en Monfero. O prezo estaría entre os 50-70 euros. Será preciso un mínimo de 20 alumnos para levar a cabo a actividade. O prazo para entregar a autorización é ata o venres 01 de xuño. O prezo da actividade incluiría: Ruta de piragüismo no encoro do Eume, ruta de sendeirismo no parque natural das Fragas do Eume, comidas e estancia no cámping Fragadeume, transporte en bus ó cámping e ás actividades.
ACTIVIDADE SURF ESO / EP
Os días 21 e 22 de maio (4º EP) e 23 e 24 de maio (2º ESO) o alumnado do CPI Atios estivo en Pantín tratando de subirse a unha táboa de surf, o tempo acompañounos e en xeral a actividade desenrolouse de xeito satisfactorio. Un total de 47 alumn@s disfrutaron da experiencia.
As fotos da actividade tanto de EP coma da ESO están xa subidas no blogue e Andrés anda a montar un vídeo co material que gravou o 2º día cos da ESO.
NOTAS 3ª AVALIACIÓN ESO
Xa podedes consultar (por fin) nos seguintes enlaces as notas da 3º avaliación na materia de educación física, revisade as medias e se hai algún erro comentádemo. Dentro de poucas datas, despois das recuperacións colgarei as notas finais.
Un saúdo a todos e desculpas polo retraso.
Un saúdo a todos e desculpas polo retraso.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)