18 de novembro de 2009

OBRAS NA PISTA EXTERIOR

Como todos sabedes voltamos a estar en obras, esta vez intentarán amañar a pista exterior que se enche de auga e de lama sempre que chove (coma se pode apreciar na imaxe, vaia piscina!!), este problema xorde despois da construcción do ximnasio novo, cando as distintas administracións deixaron sen amañar esta pista a pesares das sucesivas promesas que se foron facendo. Malia todo "máis vale tarde que nunca". Desexemos que o deixen ben para beneficio de todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario