Ó longo desta semana fun repartindo as autorizacións para tratar de organizar a semana da neve, tedes ata o 22 de novembro para decidir se pasades da consola ou desa bici nova e vides esquiar con nós. Hai dúas opcións: unha semana ó Pirineo Aragonés ou tres días a San Isidro. Unha vez acabado o prazo de entrega de autorizacións decidiremos a onde imos. Ánimadevos.29 de outubro de 2010
AUTORIZACIÓNS SEMANA NEVE
Ó longo desta semana fun repartindo as autorizacións para tratar de organizar a semana da neve, tedes ata o 22 de novembro para decidir se pasades da consola ou desa bici nova e vides esquiar con nós. Hai dúas opcións: unha semana ó Pirineo Aragonés ou tres días a San Isidro. Unha vez acabado o prazo de entrega de autorizacións decidiremos a onde imos. Ánimadevos.PROBAS DE AVALIACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA
A semana que vén comenzaremos a realizar as probas de avaliación de condición física para poñer a nota práctica da unidade de Condición Física, espero que todos as pasedes sen problemas e que con esforzo o fagades o mellor posible. As probas que imos realizar son as seguintes:1º ESO:
Resistencia: 2000 metros
Flexibilidade: Flexión tronco en banco
Forza tren inferior: Salto horizontal
Velocidade: 50 metros
2º ESO:
Resistencia: Test de Cooper (12´)
Flexibilidade: Flexión profunda tronco
3º ESO:
Resistencia(Potencia aeróbica): Course Navette
Flexibilidade: Flexión tronco en banco
4º ESO:
Forza tren superior: Lanzamento balón medicinal
Velocidade: 50 metros / circuito 5x10
QUECEMENTO ESPECÍFICO 2º ESO
O alumnado de 2º de ESO remata estes días os seus quecementos específicos do deporte que lle correspondeu a principio de curso: baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala ou salto de lonxitude.En termos xerais notouse o traballo e boa actitude da maioría. Lémbrovos que este era un traballo avaliable segundo recollen os criterios de avaliación de Educación Física do centro.
QUENTAMENTO XERAL
14 de outubro de 2010
CONTIDOS CONDICIÓN FÍSICA
Con dúas horas á semana xa vos teño explicado que é practicamente imposible acadar unha mellora física só coas nosas clases, sen embargo ides aprender métodos e sistemas para intentar ser autónomos neste sentido. Ó remate da unidade faremos unhas probas para avaliar a condición física de todos vós. A TRABALLAR.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
