17 de decembro de 2010

SEMANA NEVE. LEITARIEGOS

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 29 alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO para dita actividade. Este ano a actividade terá lugar entre os días 18 e 21 de xaneiro (esquiando os días 19, 20 e 21) na estación de Leitariegos en Villablino, León (preto de Ponferrada). En caso de non haber neve a viaxe podería pospoñerse a outras datas.


O prezo por persona será de 255 euros. No caso de incorporarse algún alumno máis o prezo podería reducirse. No caso de querer facer snow o suplemento é de 22 euros. O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a León / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 3 noites no albergue en réxime de pensión completa (xantar de picnic na estación) / 3 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.

Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns (varios pares, grosos, de algodón), roupa de abrigo, DNI


Na primeira semana despois das vacacións de Nadal teremos unha reunión coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario