8 de febreiro de 2011

SEMANA NEVE 10-11



Volvimos sans e salvos, a pesar do bus, do sol, do albergue, das caídas... e de Cintia; voltamos de novo á rutina do cole. A pesar das broncas coas que vos alegro os oídos quero felicitarvos polo voso comportamento e polo vosa aprendizaxe deste deporte tan bonito que é o esquí. A estación de Leitariegos é moito mellor para aprender que San Isidro como poidestes comprobar os que viñestes tamén o ano pasado, pero máis aburrida para aqueles que saben esquíar. Un saúdo a todos e a recuperarse das vosas pequenas lesións. Espero vervos na neve noutra ocasión. ¡¡¡CUNDE!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario