24 de marzo de 2011

ÚLTIMOS CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN

Rematamos a 2ª avaliación e terminamos tamén as seguintes unidades coas que estivemos traballando estas últimas semanas. En 1º de ESO acabamos co baloncesto (xa sabedes que hai que practicar os pases, o dominio do balón, o lanzamento e a entrada a canastra, e seguir aprendendo a xogar en equipo), en 2º de ESO a unidade de Material Alternativo foi moi divertida e todos aprendimos a traballar con obxectos do máis variado (malabares, frisbees, zancos, pratos chinos, diábolo, paus do diaño...), de aquí saltaremos ó circo, en 3º de ESO remataremos coa unidade de volei a semana que ben (segue en pé a aposta que temos, ánimo aínda podedes sacar un 10) e en 4º de ESO xa deixamos o fútbol ata outra ocasión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario