Despois de sobrevivir durante seis días con 70 alumnos e alumnas do cole podemos dicirvos que temos xa as fotos e o vídeo da semana da neve. En breve subiremos parte desas fotos á páxina web.
A maior parte dela e o vídeo iremolo pasando para que o vaiades grabando. Intentade facer algunha copia e pasarllo a outros, senón non acabaremos ata o verán.
A pesar de que xa pasou tempo dende que fomos espero que todos o pasarades ben e que poidamos vernos outra vez esquiando.
Agradecerlle a Diego o traballo de realizar a maioría das fotos e editar o vídeo para que vós poidades disfrutar cos vosos primeiros pasos neste medio tan divertido que é a neve.
Ningún comentario:
Publicar un comentario