O xoves 21 de marzo sobre as 11:30 horas comezaremos a edición número IV do noso torneo de xadrez que naceu no mes de novembro de 2009 cunha vocación de torneo de Nadal, pero que ano tras ano por mor doutras actividades vai sendo relegado sempre hacia as vacacións de Semana Santa.
Este curso rompemos o noso teito de participantes pois contamos cun total de 44 alumnos inscritos e agardamos chegar ós 8 profesores; un total de 52 participantes. O alumnado vai dende 5º de EP ata 4º de ESO, aínda que este ano contamos cun alumno de 2º de EP que tamén vai participar. Colgaremos o calendario coas datas e os emparellamentos cando teñamos feito o sorteo, aproximadamente o luns. SORTE A TODOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario