Os días 19 e 20 de xuño o alumnado de 6º de EP e de 1º de ESO irá de acampada ás Fragas do Eume, a actividade realizase no cámping de Queixeiro en Monfero. O
prezo é de 55 euros. O prezo da actividade inclue: ruta de piragüismo no encoro do Eume, ruta de
sendeirismo no parque natural das Fragas do Eume, comidas e estancia no cámping
Fragadeume, transporte en bus ó cámping e ás actividades. Recomendamos levar o seguinte material:
- TENDA DE CAMPAÑA / - SACO DE DURMIR / -
ESTERILLA
- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota
de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas
para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas, tede en
conta que ese calzado vaise mollar.
- ROUPA: Roupa suficiente para dous días,
roupa cómoda / Varios pares de calcetíns de algodón / Calzado de reposto /
Toalla de ducha e elementos de aseo
persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol /
Levade unha mochila pequena para levar algunha cousa o día da rota de
sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida,…
- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os
alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.
- OUTROS: Lanterna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario