Durante esta primeira avaliación na que traballamos a condición física en todos os cursos da ESO fixemos unha serie de probas por cursos de avaliación das distintas capacidades físicas. Dende o curso 04-05 levamos un pequeno histórico dos resultados desas probas e xa o tedes actualizado no taboleiro do ximnasio.
Cada curso que pasa é máis difícil estar entre os dez mellores de cada proba e a pesar de todo moitos de vós entrastes este curso nese histórico. Noraboa a todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario