Persoalmente recoñecer a súa valentía por realizar saídas co alumnado de primaria sen apenas coñecelo, o que sempre supón un pequeno risco (falo das actividades da semana da vela e a semana da neve por exemplo, ademais doutras moitas actividades dentro do centro). Imos botar de menos a súa compaña e o seu bo humor e creo que o alumnado tamén o vai estrañar moito.
Desexarche "Luigi" que pronto volvas a estar traballando noutro centro e esperamos seguir contando coa túa presenza nas nosas celebracións.
Un abrazo enorme e MOITA SORTE na túa andaina lonxe de nós.




