O venres 31 de xaneiro celebramos o día da Paz dentro das celebracións do 40 aniversario do centro. A figura deste ano foi Nelson Mandela e a parroquia que organizou todas as actividades foi a parroquia de Pantín. Noraboa a tod@s polo voso traballo e polas actividades, creo que foi un éxito rotundo. Agradecer en especial con todo o agarimo a Marco Vellón, que o curso pasado todavía estaba con nós en 4º de ESO e participou cos seus veciños na organización deste día. Parabéns Marco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario