Hoxe a maioría do alumnado de 4º de ESO atreveuse a rapelar o muro que temos na parte traseira do centro, a verdade é que xa vedes que esta técnica de descenso da escalada non é excesivamente difícil. Só hai que superar algúns medos. Este muro está ben para practicar porque xa ten unha lonxitude que nos permite disfrutar coa baixada. O máis importante de todo é A SEGURIDADE. Colocar correctamente o arnés, comprobar que a corda esté suxeita ao oito, cerciorarnos de que pechamos o mosquetón e asegurarnos antes de pasar á zona de descenso. Ao final da clase moitos queríades repetir, non vos preocupedes, aínda nos quedan uns días por diante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario