Debido
á reducida capacidade do cámping Fragadeume en Queixeiro á hora das comidas e
vista a avalancha de autorizacións que entregou o alumnado, sobre todo de 1º de
ESO, vémonos na obriga de suspender a actividade para 1º de ESO neste curso
15-16.
A
día de hoxe. 06 de xuño temos 60 autorizacións para asistir á acampada, a
cafetería do cámping non ten capacidade para acollernos (caberían arredor de 45
persoas), tampouco teñen a infraestructura
para cociñar para 64 persoas, ademais tamén habería o problema de ter
que levar dous buses. A
verdade é que contabamos como máximo con 45-50, pero non con isto. Como
responsable da actividade lamento profundamente ter que tomar esta decisión,
máxime despois de ver a todo@s tan ilusionados, pero non hai outra alternativa.
Teñen o meu compromiso persoal de intentar levalos a finais de setembro se o
curso está xa medianamente organizado. Pídolles desculpas a todos: alumnado e
familias, por non ter previsto que podía darse esta situación.
Se
algún pai ou nai precisa dalgunha explicación máis pode poñerse en contacto con
nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario