1. O material de lecer para o alumnado de
ESO estará nun baúl pechado na entrada do patio da cafetería.
2. Este baúl SÓ PODERÁ SER ABERTO NAS HORAS DE RECREO E POLOS ENCARGADOS DESIGNADOS.
O resto do alumnado non pode coller as chaves, terá que buscar a un encargado
para que abra.
3. O
BAÚL NON PODERÁ ABRIRSE EN HORAS DIFERENTES ÁS DO RECREO, para evitar que
quede aberto e collan o material alumnos de Infantil, Primaria, do comedor ou
extraescolares como pasou outros cursos.
4. Cando soe o timbre de entrada do
recreo todo o alumnado procederá a
recoller o máis rápido posible o material para que os encargados poidan pechar
o baúl a tempo para ir a clase. TODOS
SODES RESPONSABLES DO MATERIAL.
5. O alumnado de ESO encargado de abrir e
pechar o baúl nos recreos será sustituido cada trimestre, ante calqueira
incidencia deberá comunicarllo ao xefe de departamento de EF, o baúl debe
quedar pechado tras cada recreo e as chaves no seu lugar. SÓ HAI CATRO ENCARGADOS (UN POR NIVEL). Todo o alumnado se
compromete a acatar as directrices destes encargados. Os encargados este trimestre son:
1º
ESO – Ricardo Bouzamayor
2º
ESO – Tomás Dias Rodrigues
3º
ESO – Noel Fernández
4º
ESO – Noelia Martínez
6. As mesas de ping-pong colocaranse unha
no patio da cafetería e outra no patio cuberto, na do patio cuberto só
poderedes xogar a semana que vos toca a clase de EF fóra, porque na outra
semana estarán dando clase de EF os de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE (especialmente os
que xogades nelas).
7. O xoves pola tarde poderedes entrar a xogar ao ximnasio coas
seguintes normas:
·
Só
poden estar no ximnasio os que van xogar. Non
está permitido comer nin beber no ximnasio, agás auga. Non
se pode estar subido enriba das colchonetas nin xogando nelas. Os
vestiarios usaranse de xeito que queden nas mesmas condicións que cando
entrastes. Non quero inundacións fortuitas.
·
Os
encargados de abrir e pechar o ximnasio e de que se cumpran estas normas serán Noelia
Martínez Fernández e Naiara Iglesias de 4º de ESO. Ante calqueira incidencia
deberán informar ao xefe de departamento de EF.
8. Todos debedes colaborar no coidado do
material, lembrade que ese material é voso e vos corresponde ser responsables e
facer un bo uso do mesmo.
9. SE
NON SE CUMPREN ESTAS NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO
RETIRARASE O MATERIAL, AS MESAS DE PING-PONG E O ACCESO AO XIMNASIO OS XOVES
POLA TARDE.
10. PENSADE
EN TODO ESTO E TRATADE DE SER RESPONSABLES .
Ningún comentario:
Publicar un comentario