20 de xaneiro de 2017

"DON" ÁLVARO

O mércores deixounos unha desas personas ás que nunca sabes se queres ou odias. A primeira impresión cando o coñecías era sempre desfavorable, sempre a berrar contra todo aquel a quen se lle escapaba unha verba en castelán....
Baixo esa máscara de mal humor e de retranca escondía un corazón enorme como poidemos descubrir moitas veces os que o coñecimos durante tantos anos, e cando alguén se atopaba nun problema era o primeiro en tratar de axudar e solucionalo. Imos estrañar  e lembrar sempre a este adorable gruñón que comparteu con todos nós tantos anos en ATIOS. 
GRAZAS por todo, "Don" Álvaro. Deixas unha gran pegada en nós,

Ningún comentario:

Publicar un comentario