3 de abril de 2017

MEMORIA CAMIÑO SANTIAGO 16-17

As etapas deste ano do Camiño (Fisterra-Lires-Muxía) visitan dous dos puntos máis emblemáticos da nosa xeografía: Fisterra e Muxía. Falamos durante a viaxe da fin do mundo e do Santuario da Virxe da Barca e o seu significado.  Desexo que cando voltedes por alí vos lembredes de nós. Respecto ao camiño en sí agradecer enormemente o voso comportamento, sen un só problema... e non sabedes o que volo agradecemos. Lembrarvos tamén que o sacrificio, a superación, a meditación....forman parte do Camiño. este ano foron dúas etapas curtas que espero disfrutarades. Agradecer tamén ás profes Begoña e Luisa que nos acompañaran nesta pequena aventura, sen elas tampouco tería sido posible. Axiña colgarei as fotos na web. Vémonos na seguinte. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario