
O rafting consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos.
A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.
· O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.
· A saída será do Josby ás 9:00 h. do día 29 de Xuño.
· Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa preto do río Ulla.
· A chegada será sobre ás 20:00 ou 21:00 horas dependendo do tempo que leve a actividade.
· A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.
· O prezo é entre 55-60 euros, esto inclúe a actividade de rafting, de paintball e o bus. Este prezo é orientativo para un número aproximado de 25 alumnos, en función dos alumnos que vaian podería modificarse.
· É obrigatorio saber nadar.
· MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.
· Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue.
· A data límite para entregar as autorizacións é o xoves 15 de xuño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario