Mañá venres, día 10 de novembro celebraremos no CPI de Atios o MAGOSTO e o SAMAÍN. Coma tódolos anos haberá o concurso de cabazas e centros de outono. Os de EP participarán nunha xincana de probas relacionadas co Samaín e os da ESO terán a oportunidade de estar na Aula Terrorífica. Asemade como fin de festa este ano, debido á mala calidade das castañas, haberá unha chourizada acompañada de zume e auga. Tamén haberá tempo para seguir bailando os peóns. Esperamos que disfrutedes do día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario