O pasado venres 2 de febreiro, o alumnado de 2º a 6º de educación primaria de Atios, puido disfrutar dun día de deporte ao aire libre.
Foi no campo de fútbol anexo ao noso cole, xunto con nenos e nenas de Cariño, Mañón, Moeche e Cedeira . Dentro do programa XOGADE promovido pola Xunta, participaron en carreiras de campo a través diferenciados por categorías segundo as idades. Xuntáronse preto de 500 atletas!!
Os resultados son o de menos, recordade que o importante é Participar e Disfrutar facendo deporte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario