Chegou o momento que tod@s estabades agardando. O venres 23 de marzo comezaremos a edición número IX do noso torneo de xadrez que naceu no mes de novembro de 2009 e que estamos a celebrar sempre hacia as vacacións de Semana Santa.
Nesta edición contamos con preto de 100 alumnos participantes. O alumnado vai dende 3º de EP ata 4º de ESO. Todo o alumnado xogará tódalas rondas polo que ese día non asistirá a clase. Cada xogador xogará oito rondas independemente de que gañe ou perda. Próximamente subiremos ao blogue as normas do torneo e o horario das rondas. SORTE A TODOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario