O venres, día 09 de novembro celebramos no CPI de Atios o MAGOSTO e o SAMAÍN. Coma tódolos anos tivemos o noso tradicional concurso de cabazas e centros de outono. Os de EP participaron no Gran Xogo con probas relacionadas co Samaín e tódolos cursos tiveron a oportunidade de disfrutar da nosa Aula Terrorífica. Asemade como fin de festa este ano, a partir das 13:30 tivemos castañas e chourizos acompañado de zume e auga. Durante toda a semana tamén tivemos na biblioteca os tradicionais contos de medo. Esperamos que disfrutarades do día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario