23 de maio de 2019

AUTORIZACIÓN ACAMPADA 18-19


O departamento de Educación Física do CPI Atios de Valdoviño está a organizar unha acampada de dous días dirixida ó alumnado de 2º de ESO. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Seminario para este curso dentro do Bloque Temático de Actividades no medio natural.
Dado que outros cursos e noutras actividades o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para ir á actividade é o compromiso de asistir  ( a non ser que sexa unha causa xustificada).
A actividade realizaríase os días 16 e 17 de xuño (domingo e luns) e tería lugar no cámping de Queixeiro en Monfero. O prezo estaría entre os 50-70 euros. Este curso a actividade estará aberta ao alumnado 2º de ESO e será preciso un mínimo de 20 alumnos para levar a cabo a actividade. O prazo para entregar a autorización é ata o luns 03 de xuño.
O prezo da actividade incluiría: Ruta de piragüismo no encoro do Eume, ruta de sendeirismo no parque natural das Fragas do Eume, comidas e estancia no cámping Fragadeume, transporte en bus ó cámping e ás actividades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario