21 de xuño de 2019

SEMPRE EN ATIOS. 19 ANOS.

Síntome enormemente orgulloso de ter pertencido a este centro durante estes dezanove anos, e agardo que todos vós co tempo tamén o estedes. É un centro educativo estable e cun profesorado, que en xeral, se preocupa polo seu alumnado; supoño que diso tamén vos decataredes cando teñades a oportunidade de estudiar noutro centro.
Hoxe tamén podo decir, que malia as broncas e as "recetas" tamén estou orgulloso de todos vós, de vós e de todo o alumnado que pasou por aquí ao longo destes dezanove anos; sodes NOBRES, de bo corazón, e penso que iso é unha das cousas máis importantes. Quería dicirvos que sempre creades nas vosas posibilidades e nos vosos soños. Sei que vos convertiredes nunhas extraordinarias personas no futuro (si é que non o sodes xa).
Sei que non son un profesor marabilloso, máis ben son bastante mediocre, fáltame a paciencia que quizá tiven cando era máis novo e agora xa escasea coma o meu pelo. Por iso abrúmanme as mostras de afecto e agarimo que levo recibindo dende que sabedes que marcho de Atios. GRAZAS por facerme sentir tan querido e apreciado malia o meu mal carácter.
Quería pedirvos perdón si algunha vez fixen ou dixen algo que vos molestou ou vos fixo sentir mal. Nada máis lonxe da miña intención. Deséxovos toda a sorte do mundo lembrándovos que na "vida real" a sorte sen traballo e esforzo case nunca é suficiente para acadar o que se desexa. Sei que nesta sociedade na que vivimos o TRABALLO e o ESFORZO non venden, pero a realidade da maioría dos seres humanos é que precisan de traballo para poder levar unha vida digna.
Lembrarvos tamén que nesta era de infinitos avances tecnolóxicos  as cousas máis importantes da vida seguen a facerse cara a cara, con alguén ao noso carón ou frente a nós; non vos deixedes manipular e sede CRÍTICOS coa información, tratade de prescindir de móbiles, tablets e ordenadores todo o que vos sexa posible. Intentade ser SEMPRE honestos e consecuentes cos  vosos ideais e a vosa personalidade e loitade por todo o que pensedes que é xusto.
MOITA SORTE A TOD@S  na vosa vida e tratade de ser felices sen facer dano aos demais.
Un bico enorme a tod@s.... Xa sabedes que sempre levarei este centro e este pequeno e fermoso pobo no meu corazón.

SEMPRE EN ATIOS

2 comentarios:

  1. Moitas grazas compañeiro. Deixas unha gran pegada en Atios. Sinto que cheguei 5 anos tarde, gustaríame ter compartido máis camiños contigo. Unha aperta enorme. SEMPRE terás un amigo EN ATIOS.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Toni. Xa sabes que sempre me terás aí para o que precises, persoal ou profesionalmente. Botareivos moito de menos a tod@s. Unha aperta.

    ResponderEliminar