23 de marzo de 2019

NORMAS X TORNEO XADREZ ATIOS

O torneo comezará sobre as 09:45 da mañá do mércores 27 de marzo no ximnasio. O alumnado que vaia participar debe dirixirse ao ximnasio en canto toque o timbre. O torneo durará toda a mañá polo que o alumnado que participa non irá a nengunha clase ese día.

Hai un total de 118 alumn@s anotados entre Primaria e Secundaria. O torneo constará de oito rondas e se xogará sempre contra rivais do mesmo nivel, é dicir sempre xogaremos contra aqueles que teñan o mesmo número de victorias ou derrotas ca nós. Todo o alumnado xogará as oito rondas

O tempo para cada partida é limitado (30 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaraselle a victoria ao que teña máis puntos en pezas. De ter as mesmas serán tablas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada victoria valerá un punto e as tablas medio punto para cada un.
HORARIOS DE CADA RONDA 
1ª Ronda: 09:45
2ª Ronda: 10:15
3ª Ronda: 10:45
4ª Ronda: 11:15 
11:45 – 12:15  DESCANSO 
5ª Ronda: 12:15
6ª Ronda: 12:45
7ª Ronda: 13:15
8ª Ronda: 13:45 
Sorte a todos e grazas pola vosa participación.

22 de marzo de 2019

IV SEMANA XADREZ

Coincidindo coa celebración o día 27 de marzo do noso X Torneo de Xadrez durante toda a semana do 25 ao 29 de marzo teremos no ximnasio todos os xogos de xadrez colocados e esa semana as clases de Educación Física da ESO adicaranse ao xadrez. Aqueles que xa saiban xogar poderán practicar con outros compañeiros e os que aínda non saben terán a oportunidade de aprender,
Toda a comunidade educativa está invitada a xogar durante estos días agás o mércores que estaremos co Torneo, ANIMÁDEVOS.

11 de marzo de 2019

NOTAS 2ª AVALIACIÓN

Xa podedes consultar nos seguintes enlaces as notas da 2º avaliación na materia de educación física, revisade as medias e se hai algún erro comentádemo. Estas notas son "provisionais", é dicir, que poden ser modificadas en función do voso traballo e actitude nas clases que restan,

10 de marzo de 2019

X TORNEO XADREZ CPI ATIOS

Pasou outro ano e aquí temos xa o noso tradicional torneo de xadrez. O mércores 27 de marzo comezaremos a edición número X do noso torneo de xadrez que naceu no mes de novembro de 2009 e que estamos a celebrar sempre hacia as vacacións de Semana Santa. 
Nesta edición contamos preto de 118 alumnos participantes. O alumnado vai dende 3º de EP ata 4º de ESO. Todo o alumnado xogará tódalas rondas  polo que ese día non asistirá a clase. Cada xogador xogará oito rondas independemente de que gañe ou perda. Próximamente subiremos ao blogue as normas do torneo e o horario das rondas. SORTE A TODOS.

ORGANIZACIÓN SEMANA NEVE 18-19

  • SAÍDA: domingo, día 17 de Marzo  (07:00 h) / Porta do Sol (parada bus dirección Cedeira)
  • VOLTA: venres, día 22 de Marzo sobre as 04:00 – 06:00 h (madrugada do xoves ao venres)
  • PRECIO TOTAL: 355 euros  Suplemento snow:   20 euros
  • HOTEL:  Hotel Mur, Santa Orosia 1, Avda de Francia, 22700 Jaca
  • Nº TFNO: 974360100
  • MATERIAL RECOMENDADO
-          Protector solar e labial
-      Protección Pulso SNOW
-          Gafas de sol para neve
-          Gorro e polar
-          Pantalón de neve / Chándal impermeable ou similar
-          Anorak
-          Luvas
-          Calcetíns neve ou montaña (varios pares)
-          Roupa de abrigo
-          DNI, Copia Tarxeta sanitaria
-          Comida e bebida para a viaxe
  • TABLETS E CONSOLAS VARIAS: Este ano queremos pedirvos que non leven tablets, nen consolas portátiles….agás os móbiles.
                             A VIAXE INCLÚE OS SEGUINTES SERVICIOS:
-    Transporte en autobús de Galicia a Jaca (2 buses de 55 prazas) (Empresa Gilsanz)
-          Transportes diarios hotel-estación-hotel
-          4 noites no hotel en media pensión
-          4 días de xantar nas pistas (14:30)
-          Alquiler 4 días de material de esquí
-          4 días de remontes
-          2 horas diarias de clases de esquí (10 a 12 horas)
-          Seguro de viaxe e de esquí
PROFESORES ACOMPAÑANTES:
-          Christine Puebla
-          Carmen Paz Ladra
-          Andrés Díaz Prieto
-          Juan Ramón Alonso García
                              -      Juan Luis Allegue Iglesias     

5 de marzo de 2019

50.000 VISITAS

Durante este mes este blogue (Bitácora Atios) que levamos os profes de EF do CPI Atios alcanzou a cifra das 50.000 visitas. Grazas a tod@s os que de vez en cando nos seguides: alumnado, ex-alumnado, outros profes e público en xeral. A pesares de que levamos xa case dez anos co blogue é difícil acadar ese número de case 5000 visitas ao ano de media.
MOITAS GRAZAS A TOD@s.

16 de febreiro de 2019

CARTAS SAN VALENTÍN

Onte repartíronse por parte do alumnado da equipa de Normalización Lingüística as cartas da actividade "Teño unha carta para ti" que facemos no noso cole tódolos anos por San Valentín. Agradecer aos cursos que colaboraron o xoves pola tarde para clasificar a INMENSA cantidade de correspondencia que este ano intercambiastes para dicirlle algo agradable e bonito aos compañeiros.
Grazas tamén a aqueles que perdestes un pouco do voso tempo en envíarnos algunha desas cartas que, aínda que digamos que non, fainos ilusión recibir. Un bico para todo@s.

14 de febreiro de 2019

DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO 2ª AVALIACIÓN


As datas dos exames teóricos para os distintos grupos da ESO serán as seguintes:

1º ESO A: 26 de febreiro (Temas 5, 6 e 7)
1º ESO B: 08 de marzo (Temas 5, 6 e 7)
2º ESO A: 27 de febreiro (Temas 4,5 e 6)
2º ESO B: 08 de marzo (Temas 4,5 e 6)
3º ESO A: 26 de febreiro (Temas 8, 9 e 10)
3º ESO B: 26 de febreiro (Temas 8, 9 e 10)
3º ESO C-D: 07 de marzo (Temas 8, 9 e 10)
4º ESO A: 26 de febreiro (Temas 5 e 9)
4º ESO B: 26 de febreiro (Temas 5 e 9)

11 de febreiro de 2019

III LIGA de BRILÉ 18-19

A III Liga de Brilé para alumnos/as de 3º a 6º de EP desenvolveuse dende o pasado mes de outubro ata xaneiro. En cada recreo ( de martes a venres) xogáronse dous partidos. Destacar tamen que os árbitros da liga foron nenos e nenas voluntarios.
Foron 18 equipos inscritos e máis de 110 xogadores/as.  Despois de 77 partidos xogáronse as  dúas superfinais. 

https://photos.app.goo.gl/H3cnrHhyN9PiHocn6

   1ª Final   OS POWER azul (2º clasificados)   RAPEROS laranxa ( campeóns)


   2ª Final  GALIATIOS amarelo ( 2º clasificados)  TARAHUMARAS verde (campeóns)

Foron moi emocionantes e a deportividade gañou aos resultados.
O  curso 19/20  seguro que  voltaremos coa IV edición da Liga de Brilé!

5 de febreiro de 2019

XIMNASIA RÍTMICA 5º EP

O pasado 24 de xaneiro, os alumn@s de 5º de EP disfrutaron dunha sesión de Ximnasia Rítmica a cargo do Club Brío. Gracias a Verónica puideron coñecer un pouco máis este deporte, por en práctica algún exercicio  específico do mesmo e , quen sabe si xerar a motivación suficiente para que algún  se apunte na actividade extraescolar que ofertan no CPI.

https://photos.app.goo.gl/8CWcQ4fK8LchYkya8

Tentamos dar a coñecer ao noso alumnado unha  amplia oferta deportiva, para que podan encontrar a que máis os motive e se adapte ás súas características.

23 de xaneiro de 2019

XORNADA CAMPO A TRAVÉS

      O pasado venres 18 de xaneiro, 80  alumn@s de 4º a 6º de educación primaria de Atios, puideron disfrutar dun día de deporte ao aire libre en Mañón, xunto con nenos e nenas de Cariño, Mañón, Moeche e Cedeira . O entorno desta carreira preto da praia de Esteiro en Mañón é espectacular.

Esta xornada está encadrada dentro do programa XOGADE promovido pola Xunta, participaron en carreiras de campo a través diferenciados por categorías segundo as idades. Xuntáronse sobre 300 atletas!!


Os resultados son o de menos, recordade que o importante é Participar e Disfrutar facendo deporte!

19 de xaneiro de 2019

UNIDADES ESO 2ª AVALIACIÓN

As unidades que imos  ver durante esta 2ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:
1º ESO
UD 5. Balonmán
UD 4. Actividades de patín
UD 6. Xogos populares e alternativos 1
2º ESO
UD 2. Atletismo 1: carreiras, valados, saídas, marcha
UD 5. Floorball
UD 4. Fútbol - sala
3º ESO
UD 3. Voleibol
UD 4. Acrosport
UD 5. Xogos populares e alternativos 3
4º ESO
UD 2. Actividades de raqueta: badminton
UD 5. Xogos populares e alternativos 4
UD 6. O ritmo. Ximnasia rítmica

8 de xaneiro de 2019

VOLTA ÁS AULAS


Hoxe, 08 de xaneiro voltamos ás aulas no CPI de Atios. Deséxovos a todo o alumnado un Feliz 2019 e que a volta ao cole de mañá non se vos faga demasiado dura.

Vémonos nunhas horas.
Benvid@s de novo.

22 de decembro de 2018

VACACIÓNS NADAL

Bueno, pois ata aquí chegou este 2018 no aspecto académico. O venres  21 de decembro tivemos o Festival de Nadal e con él despedímonos ata o 2019. Deséxovos a tod@s unhas felices festas coas vosas familias e unha boa entrada neste ano 2019 que nos agarda á volta da esquina. Lembrade que estaremos de volta o día 09 de xaneiro.
BO NADAL!!!.

12 de decembro de 2018

CANCELACIÓN SEMANA NEVE

     Debido á falta de neve na estación de Astún vémonos na obriga de suspender a actividade da viaxe á neve. Dende a dirección da estación nos comunican que aínda estando prevista algo de neve para hoxe é moi probable que non poidan abrir porque as temperaturas volverán subir.
     As novas datas para a actividade serán do 17 ao 21 de marzo. Ao alumnado que non poida ir nestas datas devolveráselle íntegro o importe da saída (incluída a fianza). Se algunha familia precisa dos cartos nestas datas que mo comunique por medio dos fillos ou por teléfono e procederei á súa devolución polo medio que me digades (efectivo ou transferencia).
     O motivo das novas datas é que en febreiro e marzo xa hai outros grupos nos hoteis e nós somos case 100 persoas, o que dificulta o aloxamento. Ademais esas datas encarecerían o prezo. En principio non imos ter problema pola neve.
     Se alguén necesita algunha outra aclaración que contacte conmigo. Lamento as molestias que esta decisión poida causar.

7 de decembro de 2018

NOTAS 1ª AVALIACIÓN ESO

Xa podedes consultar nos seguintes enlaces as notas da 1º avaliación na materia de educación física, revisade as medias e se hai algún erro comentádemo. As notas de 3º ESO están supeditadas á presentación da Ficha de carreira continua feita na clase, de non entregar a ficha restará 0,5 puntos na media final. Un saúdo a todos.

6 de decembro de 2018

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

Nesta primeira avaliación rematamos de traballar co alumnado da ESO as unidades de condición física e saúde. Sabedes que tódolos anos facemos unha serie de probas por cursos para avaliar as distintas capacidades físicas. Dende o curso 04-05 levamos un pequeno histórico dos resultados desas probas e supoño que a semana que ven estará actualizado para tódolos cursos da ESO no taboleiro do ximnasio. 
Cada curso que pasa é máis difícil estar entre os dez mellores de cada proba por unha simple cuestión estadística pois xa levamos quince anos con este histórico. Sen embargo este curso entraron doce novos rexistros neste histórico. A proba que máis se resiste é a dos 2 Km en 1º ESO que non entra nengún novo rexistro dende o curso 14-15. Noraboa a tod@s.

30 de novembro de 2018

REUNIÓN SEMANA NEVE

O martes 04 de decembro ás18:30 horas teremos unha reunión no comedor do centro para concretar os horarios da viaxe, explicar normas  a seguir e aclarar as dúbidas que poidan xurdir. En principio a viaxe será entre os días 16 e 20 de decembro como estaba previsto.

O prezo por persona é de 355 euros. O mércores haberá que pagar os 255 euros que faltan, posto que 100 xa os puxeron como fianza. Aqueles alumnos que van facer snow teñen que pagar un suplemento de 20 euros (en total 375 euros).

Se hai algún alumn@ que precise dalgún tratamento ou con algunha alerxia a algún alimento e queredes falar co profesorado que imos con eles podedes  chamarme ou comentarmo na reunión.

28 de novembro de 2018

ACADANDO ÉXITOS DEPORTIVOS


Aproveitamos estos días sen novas para felicitar a Unay polo seu recente campeonato de España de bodyboard na categoría sub-12, lembrar os éxitos en ximnasia rítmica de Ainhoa e Alejandra que tamén acudiron ao nacional de rítmica tras ser terceiras no campeonato galego e, especialmente ao noso ex-alumno Adrián Orjales que ven de batir de novo o récord nacional de tiro con arco para invidentes. Noraboa a tod@s e que continuedes a ter éxitos na vosa vida deportiva. Animarvos a tod@s os que practiquedes algún deporte a seguir facéndoo aínda que non logredes éxitos tan grandes coma os de Alejandra, Ainhoa, Unay e Adrián. A práctica dun deporte e os valores que nos proporciona son de por sí un éxito suficiente para a maioría.
NORABOA.

17 de novembro de 2018

DATAS EXAMES TEÓRICOS 1ª AVALIACIÓN ESO

As datas dos exames teóricos para os distintos grupos da ESO serán as seguintes:
1º ESO A: 04 de decembro (Temas 1, 2, 3 e 4)
1º ESO B: 23 de novembro (Temas 1, 2, 3 e 4)
2º ESO A: 28 de novembro (Temas 1, 2 e 3)
2º ESO B: 30 de novembro (Temas 1, 2 e 3)
3º ESO A: 26 de novembro (Temas 1, 2, 3 e 6)
3º ESO B: 27 de novembro (Temas 1, 2, 3 e 6)
3º ESO C-D: 26 de novembro (Temas 1, 2, 3 e 6)
4º ESO A: 29 de novembro (Temas 1, 2, 3, 4 e 7)
4º ESO B: 27 de novembro (Temas 1, 2, 3, 4 e 7)