Acaba o primeiro trimestre e só me queda desexarvos a todos un bo Nadal e unha boa entrada no ano 2011. Volvede con ganas de traballar.21 de decembro de 2010
BO NADAL
Acaba o primeiro trimestre e só me queda desexarvos a todos un bo Nadal e unha boa entrada no ano 2011. Volvede con ganas de traballar.RESULTADOS II TORNEO XADREZ


No torneo de xadrez estén foron os catro primeiros nas dúas categorías: profesorado e alumnado.20 de decembro de 2010
RESULTADOS AVALIACIÓN
Os resultados da 1ª Avaliación en Secundaria realizada os días 14 e 15 de decembro foron os seguintes:
1º ESO A: 14 alumnos 10 aprobados 4 suspensos 71 % aprobados
1º ESO B: 15 alumnos 15 aprobados 0 suspensos 100 % aprobados
TOTAL 1º 29 alumnos 25 aprobados 4 suspensos 86 % aprobados
2º ESO A: 18 alumnos 14 aprobados 4 suspensos 78 % aprobados
2º ESO B: 17 alumnos 14 aprobados 3 suspensos 82 % aprobados
3º ESO A: 28 alumnos 24 aprobados 4 suspensos 86% aprobados
TOTAL 3º 28 alumnos 24 aprobados 4 suspensos 86% aprobados
4º ESO A: 12 alumnos 12 aprobados 0 suspensos 100% aprobados
4º ESO B: 25 alumnos 21 aprobados 4 suspensos 84% aprobados
TOTAL 129 alumnos 110 aprobados 19 suspensos 85 % aprobados
RESULTADOS CAMPIONATO FÚTBOL SALA
MAGIC PETOUTOS - MANGARRAÑAS (4-1)
OS MAZAROCOS - PROFES (0-3)
TODO X METELA - P. N. PELOTAS (3-0)
XOGA BONITO - COLCHONEROS (0-1)
SEMIFINAIS
MAGIC PETOUTOS - PROFES (0-2)
TODO X METELA - COLCHONEROS (1-0)
FINAL
PROFES - TODO X METELA (0-1)
17 de decembro de 2010
SEMANA NEVE. LEITARIEGOS
Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 29 alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO para dita actividade. Este ano a actividade terá lugar entre os días 18 e 21 de xaneiro (esquiando os días 19, 20 e 21) na estación de Leitariegos en Villablino, León (preto de Ponferrada). En caso de non haber neve a viaxe podería pospoñerse a outras datas.O prezo por persona será de 255 euros. No caso de incorporarse algún alumno máis o prezo podería reducirse. No caso de querer facer snow o suplemento é de 22 euros. O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a León / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 3 noites no albergue en réxime de pensión completa (xantar de picnic na estación) / 3 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.
Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns (varios pares, grosos, de algodón), roupa de abrigo, DNI
CAMPIONATO FÚTBOL SALA
O venres 17 de decembro entre as 13:00 e as 15:05 celebrarase unn campionato de fútbol sala organizado polo alumnado de 4º de ESO. Non haberá clase a partir desa hora.
HORARIOS APROXIMADOS DOS PARTIDOS
13:00 Entrada ó ximnasio
13:10-13:20 MAGIC PETOUTOS – MANGARRAÑAS (A)
13:20-13:30 OS MAZAROCOS – PROFES (B)
13:30-13:40 TODO x METELA – POLAS NOSAS PELOTAS (C)
13:40-13:50 XOGA BONITO 2010– OS COLCHONEROS (D)
14:10-14:20 Gañador C – Gañador D
14:25-14:40 Gañador A-B / Gañador C-D
15:05 Saída
25 de novembro de 2010
ATLETISMO. 3º ESO
NOVO PROFESORADO. PROFESORADO EN PRÁCTICAS
EXAMES TEÓRICOS
17 de novembro de 2010
12 de novembro de 2010
29 de outubro de 2010
AUTORIZACIÓNS SEMANA NEVE
Ó longo desta semana fun repartindo as autorizacións para tratar de organizar a semana da neve, tedes ata o 22 de novembro para decidir se pasades da consola ou desa bici nova e vides esquiar con nós. Hai dúas opcións: unha semana ó Pirineo Aragonés ou tres días a San Isidro. Unha vez acabado o prazo de entrega de autorizacións decidiremos a onde imos. Ánimadevos.PROBAS DE AVALIACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA
A semana que vén comenzaremos a realizar as probas de avaliación de condición física para poñer a nota práctica da unidade de Condición Física, espero que todos as pasedes sen problemas e que con esforzo o fagades o mellor posible. As probas que imos realizar son as seguintes:QUECEMENTO ESPECÍFICO 2º ESO
O alumnado de 2º de ESO remata estes días os seus quecementos específicos do deporte que lle correspondeu a principio de curso: baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala ou salto de lonxitude.En termos xerais notouse o traballo e boa actitude da maioría. Lémbrovos que este era un traballo avaliable segundo recollen os criterios de avaliación de Educación Física do centro.
QUENTAMENTO XERAL
14 de outubro de 2010
CONTIDOS CONDICIÓN FÍSICA
Con dúas horas á semana xa vos teño explicado que é practicamente imposible acadar unha mellora física só coas nosas clases, sen embargo ides aprender métodos e sistemas para intentar ser autónomos neste sentido. Ó remate da unidade faremos unhas probas para avaliar a condición física de todos vós. A TRABALLAR.
15 de setembro de 2010
INICIO CURSO 2010-2011
Aquí estamos de novo. O día 17 de setembro iniciamos unha nova andaina no CPI Atios, un curso máis no que tentaremos aprender novas cousas e tamén vivir novas experiencias. Outro ano máis temos profes novos de Educación Primaria ós que iredes coñecendo pouco a pouco. Ánimo a todos e a empezar con bó pé. Un saúdo e benvidos.30 de xuño de 2010
FIN DE CURSO
21 de xuño de 2010
ACAMPADA 09-10
A última actividade do curso foi a acampada que fixemos no cámping Fragadeume en Queixeiro, tivemos dous accidentes reseñables que fixeron que non saíse todo o ben que quixeramos pero o importante é estar de volta todos. Espero que o ano que vén podamos realizala sen nengunha incidencia. Saúdos a Lidia e sobre toso a Samuel, desexarlles que se recuperen o máis axiña posible.17 de xuño de 2010
7 de xuño de 2010
1 de xuño de 2010
SAÍDA RAFTING
ÚLTIMOS CONTIDOS DO CURSO
25 de maio de 2010
DATAS EXAMES
1º ESO A: 1 de Xuño
1º ESO B: 2 de Xuño
2º ESO A: 1 de Xuño
2º ESO B: 1 de Xuño
3º ESO A: 31 de Maio
3º ESO B: 31 de Maio
4º ESO A: 28 de Maio
XINCANA LETRAS GALEGAS
4 de maio de 2010
ENTREGA DE TRABALLOS
28 de abril de 2010
13 de abril de 2010
NOVAS FOTOS


Facendo balance dos 10 anos que levo no centro atopei algunhas fotos entre os anos 2001 e 2004 que non estaban na páxina por non ser dixitais (que tempos!!), escaneei esas fotos e as subimos á páxina web do centro, son as seguintes actividades: semana neve 01-02 e o3-04, camiño santiago 02-03 e 03-04 e rafting 03-04 e 04-05. Espero que aqueles ex-alumnos que participaron nelas disfruten e lembren aqueles momentos. 12 de abril de 2010
RESULTADOS 2ª AVALIACIÓN
1º ESO A: 20 alumnos 16 aprobados 4 suspensos 80% aprobados
1º ESO B: 16 alumnos 16 aprobados 0 suspensos 100% aprobados
TOTAL 1º 36 alumnos 32 aprobados 4 suspensos 89% aprobados
2º ESO A: 14 alumnos 11 aprobados 3 suspensos 79% aprobados
2º ESO B: 18 alumnos 13 aprobados 5 suspensos 72% aprobados
TOTAL 2º 32 alumnos 24 aprobados 8 suspensos 75% aprobados
3º ESO A: 23 alumnos 17 aprobados 6 suspensos 74% aprobados
3º ESO B: 17 alumnos 17 aprobados 0 suspensos 100% aprobados
TOTAL 3º 40 alumnos 34 aprobados 6 suspensos 85% aprobados
4º ESO A: 28 alumnos 26 aprobados 2 suspensos 93% aprobados
TOTAL 4º: 28 alumnos 26 aprobados 2 suspensos 93% aprobados
TOTAL 136 alumnos 116 aprobados 20 suspensos 85% aprobados
7 de abril de 2010
CONTIDOS 3ª AVALIACIÓN
PROFESORADO EN PRÁCTICAS
31 de marzo de 2010
11 de marzo de 2010
ÚLTIMOS CONTIDOS
5 de marzo de 2010
BAILES DE SALÓN. 2º ESO

Vaia bailaríns, en 2º de ESO aprendimos este ano a bailar algúns pasos do chachacha e do pasodobre. Do chachacha sabemos o paso base, a diagonal, a diagonal con volta da rapaza, o new iork e o new iork con volta dos dous. Do pasodobre aprendimos o paso base, o capeo, o lateral con volta da rapaza e o lateral con apple.3 de marzo de 2010
DATAS EXAMES ESO
ENTREGA DE TRABALLOS
12 de febreiro de 2010
9 de febreiro de 2010
25 de xaneiro de 2010
SEMANA NEVE 09-10
Xa estamos de volta, despois de pasar tres días intensos na neve disfrutando con todos vos. O tempo foi moi bo, estivo cuberto pero non fixo frío. Agradecervos o voso bo comportamento durante toda a viaxe. En canto ó esquí uns aprenderon máis que outros pero o derradeiro día todos eran quen de baixar en cuña e facendo xiros a pista verde.18 de xaneiro de 2010
SEMANA NEVE 09-10
Entre os días 19 e 22 de xaneiro 12 alumnos de 1º e 2º de ESO disfrutarán do esquí na estación de San Isidro, acompañarémolos Alejandro Cadarso e máis eu. Desexamos pasalo o mellor posible e volver todos sen nengunha lesión. A todos os que quedades lembrarvos que debedes entregar os traballos que quedan para estes días.























