Dende o luns 29 de outubro tedes á disposición de todo o alumnado de ESO material para xogar nos recreos. Este material está ubicado nun baúl que se atopa en conserxería. Quero lembrarvos as condicións para que ese material siga ahí. No patio cuberto só podedes xogar a semana que vos toca patio en EF, o material debe quedar recollido no baúll unha vez usado. No patio só pode estar o alumnado que esté a xogar a algo, o resto deberá estar no patio da cafetería. No patio cuberto está terminantemente prohibido comer e beber (calqueira cousa), e por último procurade recollar cando toca o timbre para non chegar tarde á seguinte clase. Espero que sexades responsables e coidedes o máximo posible ese material.
31 de outubro de 2012
26 de outubro de 2012
ALUMNADO SEMANA NEVE
Tras rematar o prazo de entrega de
autorizacións temos un total de 71 alumnos dende 6º de EP a 4º de ESO para dita actividade. Esto supón ter que
levar dous autobuses en lugar dun. Este ano a actividade terá lugar entre os días 16 e 21 de decembro (esquiando os días 17, 18, 19 e 20) na estación
de Astún (Jaca, provincia de Huesca).
O prezo por persona será aproximadamente de
330 euros. No
caso de incorporarse algún alumno máis o prezo podería reducirse. No caso de
querer facer snow o suplemento é de 30 euros. O
programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a Jaca / Transportes diarios
hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 dias de comida en pistas / 4 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de
viaxe e de esquí.
Material: Protector solar (factor 25-50) e
labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, chándal impermeable ou similar, anorak,
luvas, calcetíns (varios pares),
roupa de abrigo, DNI, copia da
tarxeta sanitaria.
A
principios de decembro teremos unha reunión
coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir
na viaxe. Enviaremos unha nota co día e data da reunión.
17 de outubro de 2012
TRABALLO QUECEMENTO ESPECÍFICO 2º ESO
Os de 2º de ESO ides ter que realizar un pequeno quecemento específico de diferentes deportes, cada un dos grupos realizará un deporte diferente. Lembrade as partes que debería ter ese quecemento:
1. Posta en acción. Exercicios de desprazamento ou carreira suaves.
2. Exercicios de movilidade articular
3. Estiramentos
4. Exercicios de carreira máis intensos ou de forza
5. Exercicios de quecemento específico: propios do deporte que vaiamos a realizar despois.
6.Volta á calma.
Os grupos son os seguintes:
2º ESO A
Grupo 1. Baloncesto: Cristina, Leticia, e Adrián.
Grupo 2. Voleibol: Yahaira, Roi e Iris.
Grupo 3. Fútbol: Aarón, Ainoa e Sharay.
Grupo 4. Balonmán: Alba, Martín e Ricardo
Grupo 5. Salto de lonxitude: Lidia e Fani
2º ESO B
Grupo 2. Voleibol: Cristina Gutiérrez, Kike e Raúl Montero.
Grupo 3. Fútbol: Raúl Nieto, Víctor e Sergio.
Grupo 4. Balonmán: Aroa e María
Grupo 5. Salto de lonxitude: Rocío e Paola
TRABALLO QUECEMENTO 1º ESO
Xa sabedes que durante este trimestre tedes que elaborar un quecemento xeral por grupos e dirixilo nunha das sesións. Lémbrovos as partes do quecemento:
1. Posta en accción: exercicios de carreira suave ou desprazamento
2. Exercicios de movilidade articular
3. Estiramentos
4. Exercicios de maior intensidade:de carreira más intensa, de forza...
5. Volta á calma
Pensade que vou avaliar este quecemento cunha nota de grupo e unha individual. Tratade de ser un pouco creativos e innovadores cos exercicios. De ter calqueira dúbida consultádemo.
Os grupos son os seguintes:
1º ESO A
GRUPO 1. Angélica, Bruno, Adrián e Natalia
GRUPO 1. Angélica, Bruno, Adrián e Natalia
GRUPO 2. Laura, Marcos, Oscar García e Tania
GRUPO 3. Gonzalo, Marcos Guti, Sara e Lara
GRUPO 4. Iván, Esther, Óscar Montes, Adrián e Enma
GRUPO 5. Gabriela, Erika, Pablo, Jose e Jacobo
1º ESO B
1º ESO B
GRUPO 1. Marcos Ameneiros, Roberto, Eva e David
GRUPO 2. Iria D., Cris, Elena Fdez e Laura
GRUPO 3. Miguel, Helena Gesto, Adrián Lpez e Noelia
GRUPO 4. Adrián Orjales, Natalia, Alex e Iria R.
GRUPO 5.Carla, Artai, Ángel, Andrés e Alba
15 de outubro de 2012
FOTOS CURSO 11-12
Por fin conseguín rematar. Dende hoxe tedes á vosa disposición na nova páxina web todas as fotos das actividades do curso pasado: acampada, rafting, semana neve, semana vela, torneo de xadrez e acroximnasia. Todas aquelas organizadas polo departamento de Educación Física. A mín persoalmente non me acaba de convencer o formato da galería de imaxes da nova páxina, pero de momento é o que hai.... Tamén están xa as da semana vela que fixemos a finais de setembro e principios deste mes de outubro. Quería pedirvos desculpas pola tardanza, pero xa sabedes que a veces hai outras cousas importantes que facer sobre
todo a final de curso; e a verdade é que en todo o verán fun incapaz de poñerme
con elas. Sorry de novo.
14 de outubro de 2012
INVENTARIO
A data de once de Outubro actualizamos por fin o inventario de material de educación física. Este ano demos de baixa moito do material que estaba repartido polas clases. Podedes consultalo se vos interesa no apartado de enlaces.
8 de outubro de 2012
AUTORIZACIÓNS SEMANA NEVE
O departamento de Educación Física do CPI
Atios de Valdoviño está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de ESO e 6º de EP. Dado que outros cursos o alumnado tense
dado de baixa a última hora esta
autorización implica o permiso para asistir á actividade é o depósito dunha
fianza de 100 euros que poden perder se non van ( a non ser que sexa
unha causa xustificada).
A actividade realizaríase aproximadamente no mes de decembro (16-21) e
tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O
prezo rondaría os 350 euros (de ser 25 alumnos) ou 320 euros (de ser 35
alumnos). A actividade estará aberta a todo o alumnado da ESO e 6º de
EP e será preciso un mínimo de 25 alumnos para levar a cabo a actividade.
De non chegar a este número devolveríase a fianza a cada alumn@. O prazo para entregar a autorización é ata
o venres 19 de outubro. En caso
de non haber alumnado suficiente poderia plantexarse a opción de Leitariegos ou
San Isidro. O
programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media
pensión / 4 días de
comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí /
Seguro de viaxe e de esquí
6 de outubro de 2012
SEMANA VELA 12-13
Dende o día 27 de setembro e ata o día 09 de outubro o alumnado de 5º de Educación Primaria e de 3 e 4º de ESO asistirá a un curso de iniciación á vela de tres días no encoro das Forcadas.
Esta actividade realizarase nas seguintes quendas:
- 27, 28 e 01 de outubro de 09:35 a 13:15 3º Educación Secundaria
- 02, 03 e 04 de outubro de 09:35 a 13:15 4º Educación Secundaria
- 05, 08 e 09 de outubro de 09:35 a 13:15 5º Educación Primaria
- 05, 08 e 09 de outubro de 09:35 a 13:15 5º Educación Primaria
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)