Por fin conseguín rematar. Dende hoxe tedes á vosa disposición na nova páxina web todas as fotos das actividades do curso pasado: acampada, rafting, semana neve, semana vela, torneo de xadrez e acroximnasia. Todas aquelas organizadas polo departamento de Educación Física. A mín persoalmente non me acaba de convencer o formato da galería de imaxes da nova páxina, pero de momento é o que hai.... Tamén están xa as da semana vela que fixemos a finais de setembro e principios deste mes de outubro. Quería pedirvos desculpas pola tardanza, pero xa sabedes que a veces hai outras cousas importantes que facer sobre
todo a final de curso; e a verdade é que en todo o verán fun incapaz de poñerme
con elas. Sorry de novo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario