29 de novembro de 2013

40 ANIVERSARIO. DÍA DO NEN@. LOIRA


Este venres 29 de novembro celebramos cos veciños e veciñas de Loira o Día Internacional da Infancia. Para iso, organizaronse por quendas unha serie de xogos populares e tradicionais: buxaina, soga-tira, saltar á corda, mariola, pano, chapas, as cadeiras, carreira de sacos, relevos de culler, pes quedos, facer un barquiño cunha casca de noz e un cabaliño con cortizo e palillos. Para EI fixeronse cinco xogos adaptados as idades da etapa. 

Agradecer a colaboración do alumnado de Loira que está na ESO e que estivo nalgún dos xogos: Naiara, Paula, Marcos, Eva, Laura e Sharay, e tamén a todos os veciñ@s de Loira que axudastes. Tamén dar ás gracias a todo o alumnado que colaborou colocando e recollendo os materiais dos xogos (en especial a 3º ESO B)

Esperamos que o pasarades ben con estes xogos que a maioría de nós coñecemos pero que van caendo no esquecemento, é bo de vez en cando lembrar que existen máis cousas que o fútbol e as "maquinitas". Bo fin de semana a tod@s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario