29 de novembro de 2013

COÑECENDO O RUGBI

    Hoxe estiveron con nós no CPI de Atios dous integrantes do CLUBE RUGBI FERROL: José Manuel e Ángel. Estiveron impartindo unha sesión práctica de rugbi ó alumnado de 1º de ESO e 2º de ESO B. Agradecerlles a súa presenza e coñecementos, espero que todos pasarades un bo rato con eles e que disfrutarades deste deporte tan diferente pero tan especial que é o rugbi. Lembrarvos  tamén que este sábado de 11:00 a 13:00 horas na Malata haberá unha competición de RUGBI CINTA para todos os rapaces e rapazas que queiran acudir, estando invitados moitos centros de Ferrol e Narón . Se vos gustou a experiencia animádevos a participar. Todo o alumnado de 1º de ESO retomará o rugbi na 3ª avaliación que é cando temos programada esta unidade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario