20 de decembro de 2013

MEMORIA SEMANA NEVE 13-14

O venres ás 06:00 chegaron a Valdoviño os nosos queridos esquiadores. Xa sabedes que eu tiven que regresar o domingo dende Burgos por motivos persoais. Agradecerlles a Alejandro, Luis, Juanra e Liza o seu traballo  e compromiso durante estes días e lamentar a responsabilidade que lles fixen asumir pola miña ausencia. A tódolos alumn@s que embarcastes nesa aventura dicirvos que sentín profundamente non poder acompañarvos e que en todo momento estivestes no meu pensamento. BOTEIVOS MOITO DE MENOS.

En fin, aproveitar para felicitarvos polo voso comportamento e colaboración cos profes e desexar que a maioría disfrutarades coa experiencia. Agora xa sabedes, por vivencia propia, que a neve sempre supón un risco engadido e toda precaución é pouca, e creo que tamén sodes quen de darvos conta da enorme responsabilidade que asumimos os profes cando vos sacamos do centro en calqueira das actividades extraescolares.
A algúns de vós vereivos hoxe e poderedes contarme algunha das moitas batalliñas que traedes de Astún. Un saúdo a todos e pronta recuperación ós lesionados.

4 comentarios:

  1. Juanlu... Nosoutros tamén te votamos de menos.Estivemos toda a semana pensando en ti e tiñamos a esperanza de que volveras aínda que fora o último día... Fixonos moita ilusión verte na parada do bus cando chegamos de Astún! Grazas por todo!

    ResponderEliminar
  2. Grazas a vós Noe, a verdade é que en principio tiña a intención de volver, pero unha vez aquí souben que me necesitaban máis do que me precisabades en Astún e sabía que ahí todo iría máis ou menos ben. Espero que cando teñades a vosa vida e voltedes á neve vós lembredes un intre de mín. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. A min tamén me gustaría felicitarvos a todos e todas polo voso comportamento. A verdade é que ía bastante temeroso xa que so coñecía aos de sexto. Sinceramente gracias á vosa colaboración tanto a viaxe, como a experiencia na neve e a estancia en Jaca foron moooooi pero que moooooi gratificantes (aínda me botei unhas boas risas con algúns de vós...) a pesar dos sustos... Nós tamén te botamos moito de menos Juanlu, e eu persoalmente quedei sin coñecer esa "faceta Juanlu" das reunións do hotel... (jejejejejejeje). De todas maneiras e aínda que o listón estaba moooi alto, o teacher Álex estivo á altura da ocasión sobradamente. Grande Álex, grande Juanra, grande Liza, e grandes todos e todas rapaces!!!! Noraboa. Un auténtico prazer. Luis.

    ResponderEliminar
  4. Grazas a ti Luis por acompañarnos nesta aventura sen coñecer case o centro,(lembras que case foi o primeiro que che preguntei ao pouco de chegar?) alégrame que para ti a experiencia tamén fose gratificante. Unha mágoa que teñas que marchar agora que xa estabas adaptado e a gusto. Desexo que todo che vaia ben e xa nos veremos en algunha destas outra vez. Grazas por estar sempre disposto a participar e colaborar.

    ResponderEliminar