25 de xaneiro de 2014

TIRO CON ARCO


Esta semana tivemos con nós a monitores de tiro con arco do CLUBE ARCO NARÓN  para tratar de coñecer mellor ese deporte minoritario que é o tiro con arco, o mércores 22 de xaneiro estiveron con Secundaria e o xoves 23 con varios grupos de Primaria (4º, 5º e 6º). Pronto subiremos as fotos á web do centro, pero aquí tedes un anticipo. Xa sabedes tamén que a idea do clube é lograr facer un pequeno grupo de tiro con arco aquí en Valdoviño. Estes dous días pasaron por esta actividade 309 rapac@s.  Espero que algún se apunte. Estes días víronse maneiras de arqueiros. Un saúdo a todos e agradecer a Pepe e a Anxo a súa visita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario