Mañá 09 de xaneiro voltamos á nomalidade e á rutina coa alma de loito pola mala nova de sermos un menos na nosa pequena comunidade. Nunca é doado asumir que as nosas vidas teñen un fin, e menos cando esa persoa foi alumna dun e estaba no comezo da súa vida. O mar levounos a Patricia e deixounos esta dor e esta tristura que non nos deixarán esquecela. Ánimo a todos os que nalgún momento poidemos disfrutar do seu sorriso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario