

Xa estamos de volta dende as terras de Fisterra despois de facer as tres derradeiras etapas do epílogo a Fisterra pasando por Maroñas, Olveiroa, Cee, Corcubión e rematar no faro de Fisterra na fin do mundo. Unha mágoa que soprara tanto vento e non poideramos estar alí máis tempo porque a verdade e que merece a pena sentarse nunha pena e reflexionar un intre de cara á inmensidade do oceano. En breve teredes subidas á páxina do centro as fotos da actividade, a verdade é que este ano quedaron fotos bonitas. Espero que todos vos recuperedes físicamente o máis pronto posible, que deixedes de odiarme canto antes e que nos vexamos algunha outra vez noutra aventura. Agradecer tamén a Cruz e a David (máis a Cruz que a David, evidentemente) que nos acompañasen neste tramo de Camiño. Saúdos a todos, xa vos dixen no bus que é un verdadeiro pracer viaxar con vós.
BO CAMIÑO!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario