O mércores 30 de abril comezaremos a edición número V do noso torneo de xadrez que naceu no mes de novembro de 2009 cunha vocación de torneo de Nadal, pero que ano tras ano por mor doutras actividades vai sendo relegado sempre hacia as vacacións de Semana Santa e este ano pasa a celebrarse a finais de abril.
Este curso contamos cun total de 57 alumnos inscritos e agardamos chegar ós 8 profesores; un total de 65 participantes. O alumnado vai dende 5º de EP ata 4º de ESO, aínda que este ano contaremos cun alumno de 3º de EP que tamén vai participar. Colgaremos o calendario coas datas e os emparellamentos cando teñamos feito o sorteo, aproximadamente o luns 28 de abril. SORTE A TODOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario