Pasado o prazo de entrega de autorizacións para a saída do Camiño de Santiago temos un total de 13 alumnos para iniciar esta aventura os días 13 e 14 de abril. Xa sabedes que ao final temos que ir en bus e pola diferenza de prezo é mellor que esté con nós os dous días pois senón teriamos que levar dous coches particulares. Temos confirmado o bus e o albergue, o albergue é un albergue privado (albergue Lúa). Animade aos compañeiros para que se animen de aquí ao día 13. O prezo é de 50 euros.
30 de marzo de 2015
27 de marzo de 2015
FOTOS TORNEO XADREZ
26 de marzo de 2015
RESULTADOS TORNEO XADREZ


Os resultados foron os seguintes:
1º Clasificado: Víctor Pardo García
2º Clasificado: Iván Luaces Rodríguez
3º Clasificado: Marcos Vilela Vilela
4º Clasificado: Artai Rodríguez García
Mellor alumna clasificada: Laura Rodríguez Martín / Iria Ramos Mesía
Mellor clasificado de Primaria: Luis Miguel Dopico Martínez
Mellor clasificado de 4º de EP: Roberto García Carneiro
Mellor clasificado de 6º de EP: Luis Miguel Dopico Martínez
Mellor clasificado de 1º de ESO: David Henao Ortiz
Mellor clasificado de 2º de ESO: Marcos Vilela Vilela
Deixovos un enlace coa CLASIFICACIÓN FINAL. Se alguén ten interes en calqueira outro dato que mo pregunte, está todo no programa informático.
Bueno, pois nada despois dun día intenso a descansar, GRAZAS de novo a todos por participar e axudarme na recollida de todo. En breve subirei á páxina as fotos que se sacaron durante o torneo. SEGUIDE PRACTICANDO sen desanimarvos.
RESULTADOS 2ª AVALIACIÓN
Os resultados da 2ª Avaliación en ESO realizada o día 25 de marzo son estes:
1º ESO A: 23 alumnos 23 aprobados 0 suspensos 100 % aprobados
1º ESO B: 23 alumnos 22 aprobados 1 suspensos 96% aprobados
1º ESO B: 23 alumnos 22 aprobados 1 suspensos 96% aprobados
TOTAL 1º 46 alumnos 45 aprobados 1 suspensos 98% aprobados
2º ESO A: 19 alumnos 16 aprobados 3 suspensos 84% aprobados
2º ESO B: 19 alumnos 17 aprobados 2 suspensos 89% aprobados
TOTAL 2º 38 alumnos 33 aprobados 5 suspensos 87% aprobados
3º ESO A: 18 alumnos 16 aprobados 2 suspensos 89% aprobados
3º ESO B: 16 alumnos 16 aprobados 0 suspensos 100% aprobados
3º ESO C: 06 alumnos 05 aprobados 1 suspensos 83% aprobados
3º ESO C: 06 alumnos 05 aprobados 1 suspensos 83% aprobados
TOTAL 3º 40 alumnos 37 aprobados 3 suspensos 93% aprobados
4º ESO A: 25 alumnos 23 aprobados 2 suspensos 92% aprobados
TOTAL 4º: 25 alumnos 25 aprobados 2 suspensos 92% aprobados
TOTAL 149 alumnos 138 aprobados 11 suspensos 93% aprobados
21 de marzo de 2015
NOTAS 2ª AVALIACIÓN
Déixovos os enlaces ás notas da segunda avaliación para que as miredes con tranquilidade. Un saúdo.
20 de marzo de 2015
NORMAS VI TORNEO XADREZ
O torneo comezará sobre as 09:45 da mañá do xoves 26 de marzo no
ximnasio. O alumnado participante debe dirixirse ao ximnasio en canto
toque o timbre. O torneo durará toda a mañá polo que o alumnado que participa
non asistirá a clase ese día. Hai 60 alumn@s anotados
entre Primaria e Secundaria. O torneo terá lugar en cinco rondas sempre contra rivais do mesmo nivel. O tempo para cada partida
é limitado (45 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no
tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaraselle a victoria ao
que teña máis puntos en pezas. De ter as mesmas serán tablas. En último caso
decidirá a organización do torneo. Cada victoria valerá un punto e as tablas
medio punto para cada un.
RONDAS:
1ª Ronda: 09:45
2ª Ronda: 10:45
3ª Ronda: 11:45
4ª Ronda: 12:45
5ª Ronda: 13:45
Sorte a todos e grazas pola vosa participación
19 de marzo de 2015
AUTORIZACIÓNS CAMIÑO DE SANTIAGO

O bus nos levará a Santiago o luns e o martes traeranos de volta a Valdoviño dende a aldea de Maroñas. Teremos dous coches de profesores para tratar de cubrir posibles incidencias. Irán acompañados polos profesores: Graciela Grande Veloso e Juan Luis Allegue Iglesias.
O prezo é aproximadamente de 50 €. O prezo inclúe o bus e a estancia nos albergues, está calculado para un número de 15 alumnos. En caso de ir mais devolveríase a diferenza en caso de ir menos tratariamos de desprazarnos en coches particulares.
PRAZO PARA ENTREGAR AUTORIZACIÓNS: 23 de marzo.
VI TORNEO XADREZ ATIOS
O mércores 26 de marzo comezaremos a edición número VI do noso torneo de xadrez que naceu no mes de novembro de 2009 cunha vocación de torneo de Nadal, pero que ano tras ano por mor doutras actividades vai sendo relegado sempre hacia as vacacións de Semana Santa celebrándose este ano a finais de marzo.
Nesta edición contamos cun total de 60 alumnos participantes. O alumnado vai dende 4º de EP ata 4º de ESO. As novedades deste torneo e que todo o alumnado xogará cinco rondas independemente de que gañe ou perda. Próximamente subiremos ao blogue as normas do torneo e o horario das rondas. SORTE A TODOS.
10 de marzo de 2015
EXAMES TEÓRICOS 2ª AVALIACIÓN

1º ESO A: 10 de marzo. Temas 5, 6 e 8.
1º ESO B: 09 de marzo. Temas 5, 6 e 8.
2º ESO A: 10 de marzo. Temas 3, 5 e 6.
2º ESO B: 13 de marzo. Temas 3, 5 e 6.
3º ESO A: 09 de marzo. Temas 8, 9 e 10.
3º ESO B: 12 de marzo. Temas 8, 9 e 10.
4º ESO A: 24 de marzo. Temas 5, 6 e 9.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)