Os días 13 e 14 de abril realizaremos co curso de 4º de ESO o tramo do Camiño de Santiago (Camiño de Fisterra) entre Santiago e Maroñas. Son en total 41 km repartidos en 2 etapas: Santiago - Negreira (22Km) e Negreira - Maroñas (19 Km).
O bus nos levará a Santiago o luns e o martes traeranos de volta a Valdoviño dende a aldea de Maroñas. Teremos dous coches de profesores para tratar de cubrir posibles incidencias. Irán acompañados polos profesores: Graciela Grande Veloso e Juan Luis Allegue Iglesias.
O prezo é aproximadamente de 50 €. O prezo inclúe o bus e a estancia nos albergues, está calculado para un número de 15 alumnos. En caso de ir mais devolveríase a diferenza en caso de ir menos tratariamos de desprazarnos en coches particulares.
PRAZO PARA ENTREGAR AUTORIZACIÓNS: 23 de marzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario